Guia docente 2011_12
Facultade de Química
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Específicas
  A1 CG1.- Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de problemas coloidales e interfaciales.
  A2 CG2.- Desenvolver habilidades teórico-prácticas para resolver problemas de interese científico e social no contexto da ciencia de coloides e interfases.
  A3 CG3.- Interpretar e analizar datos complexos no ámbito da Ciencia e Tecnoloxía de coloides e interfases
  A4 CG4.- Recoñecer e avaliar a calidade dos resultados teóricos e prácticos utilizando as ferramentas adecuadas.
  A5 CG5.- Utilizar e recoñecer a tecnoloxía dos materiais para poder resolver problemas no seu ámbito.
  A6 CG6.- Coñecer e comprender os fundamentos científicos do mundo dos materiais e as súas interrelacións entre a estrutura, propiedades, procesado e aplicacións.
  A7 CG7.- Correlacionar a composición coa estrutura e propiedades das substancias.
  A8 CG8.- Aplicar as técnicas de caracterización adecuadas ao sistema obxecto de estudo.
  A9 CG9: Recoñecer a importancia e utilidade dos compostos químicos na Ciencia e Tecnoloxía de coloides e interfases.
  A10 CG10: Describir os procesos nos que se basean os diversos usos dos compostos químicos na Ciencia e Tecnoloxía de coloides e interfases.
  A11 CE1.- Desenvolver habilidades teórico-prácticas en técnicas instrumentais.
  A12 CE2.- Planificar a experimentación de acordo a modelos teóricos ou experimentais establecidos.
  A13 CE3.- Utilizar programas informáticos que permitan expoñer e resolver problemas onde interveñen sistemas coloidais e/ou interfaciais.
  A14 CE4.- Desenvolver habilidades teórico-prácticas para a caracterización estrutural de substancias de diferente complexidade.
  A15 CE5.- Desenvolver habilidades teórico-prácticas para relacionar a estrutura coas propiedades de substancias de diferente complexidade.
  A16 CE6.- Aplicar coñecementos tanto teóricos como prácticos á resolución de problemas coloidais e/ou interfaciais en ámbitos pouco coñecidos.
  A17 CE7.- Formular xuízos a partir de información en ciencia de coloides e interfases en desenvolvemento, que inclúa reflexión sobre responsabilidades sociais.
  A18 CE8.- Identificar os distintos procedementos de obtención dos sistemas coloidais establecendo as diferenzas e similitudes entre eles.
  A19 CE9.- Propoñer os métodos máis adecuados para reciclar e reutilizar os materiais.
  A20 CE10.-Avaliar as propiedades mecánicas (reolóxicas) dos materiais coloidais.
  A21 CE11.- Identificar as diferentes tecnoloxías de procesado con coloides e interfases e discernir a máis adecuada en cada caso
  A22 CE12-. Ser quen de sintetizar, caracterizar e aplicar sistemas coloidais no ámbito dos sistemas dispersos mesoscópicos
  A23 CE13.- Recoñecer e aplicar as leis físicas e os procesos químicos naqueles aspectos de especial relevancia cando o sistema presenta dimensións mesoscópicas.
  A24 CE14.- Correlacionar a modificación de propiedades macroscópicas co tamaño de partícula.
  A25 CE15.- Aplicar as diferentes técnicas de deseño e autoorganización de partículas de tamaño coloidal.
  A26 CE16.- Aplicar as técnicas de caracterización adecuadas en sistemas mesoscópicos.
  A27 CE17.- Utilizar materiais nanoestructurados no desenvolvemento de propiedades de interese tecnolóxico.
  A28 CE18.- Identificar as funcionalidades dos diferentes materiais coloidais, así como o seu desenvolvemento orientado cara a potenciais aplicacións
  A29 CE19.- Deseñar estruturas de coloides e interfases adecuadas para a súa utilización nun ámbito determinado e coñecer as estratexias para a súa síntese.
  A30 CE20.- Coñecer as técnicas avanzadas, tanto experimentais como de análise de resultados, para o estudo de láseres e o seu uso en distintos tipos de espectroscopías.
  A31 CE21.- Coñecer os fundamentos físicos das técnicas espectroscópicas que utilizan láseres e a súa aplicación á análise de coloides e interfases e ao estudo de reaccións con coloides e interfases.
  A32 CE22.- Recoñecer e aplicar os principios en que se basean os dispositivos de medida de tamaño de partícula e coeficientes de difusión máis relevantes.
  A33 CE23.- Desenvolver métodos de análise da tensión superficial de interese en mostras biolóxicas.
  A34 CE24.- Explicar, seleccionar e aplicar as técnicas e métodos de análise máis adecuadas para a caracterización de biocoloides.
  A35 CE25.- Coñecer os principios nos que se basean os sensores/biosensores de natureza coloidal.
  A36 CE26.- Deseñar e aplicar (bio)sensores ou sistemas miniaturizados en ámbitos como o clínico, ambiental, alimentario e industrial.
  A37 CE27.-. Dispoñer do conxunto de destrezas teórico-experimentais para analizar as novas posibilidades dos materiais nanoestructurados en relación coas diversas interfases destes sistemas.
  A38 CE28.- Deseñar dispositivos analíticos baseados na utilización de nanopartículas e películas nanoestruturadas.
  A39 CE29. Ser quen de analizar e resolver os principais problemas de estabilidade dos sistemas coloidais nas súas diversas variantes. Ser competente na análise e valoración das diversas interfases nos sistemas dispersos. Ser operativos na análise do papel xogado polas interfases nos sistemas coloidais. Dispoñer do conxunto de destrezas teórico-experimentais para analizar as novas posibilidades dos materiais nanoestructurados en relación coas diversas interfases destes sistemas.
Sinale B Código Resultados de Formación e Aprendizaxe Transversais
  B1 CT1.- Elaborar, escribir e defender informes de carácter científico e técnico.
  B2 CT2.- Traballar en equipo.
  B3 CT3.- Valorar a importancia da sustentabilidade e o respecto ao medio.
  B4 CT4.- Demostrar capacidade de autoaprendizaxe.
  B5 CT5.- Demostrar compromiso ético.
  B6 CT6.- Comunicar resultados de forma oral/escrita.
  B7 CT7.- Traballar con seguridade en laboratorios de investigación.
  B8 CT8.- Demostrar motivación pola investigación científica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000