Guia docente 2011_12
Facultad de Química
Máster Universitario en Química Avanzada. RD. 1393/2007
 Materias
  Análise Espectroquímica Avanzada
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2011_12
Materia Análise Espectroquímica Avanzada Código V11M029V01132
Titulación
Máster Universitario en Química Avanzada. RD. 1393/2007
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
4 OP 1 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Bendicho Hernandez, Jose Carlos
Correo-e bendicho@uvigo.es
Profesorado
Bendicho Hernandez, Jose Carlos
Web http://webs.uvigo.es/posgradoquimica/?mod=curso&id=2
Descrición xeral Esta materia abordará o estudio das técnicas avanzadas de espectrometría atómica e de masas así coma os seus acoplamentos coas técnicas de separación cromatográficas e electroforéticas como principais ferramentas en Análise de Especiación e Metalómica. A identificación e cuantificación de especies químicas elementais adquiriu nos últimos anos unha importancia primordial, permitindo o avance en campos coma o medioambiente, a nutrición, a toxicoloxía, a mediciña, etc. A investigación de procesos de movilización, biotransformación, metabolización, destoxificación, bioacumulación nos que intervieñen especies elementais (metais, metaloides e certos non-metais) require de información analítica precisa e exacta.
A análise de especiación ten como fin identificar e medir as concentracións de especies químicas, establecendo a distribución dun elemento nunha mostra real. A metalómica xurdiu nos últimos anos como un complemento á xenómica e á proteómica, tendo como fin o estudio das interaccións entre os elementos e os sistemas biolóxicos, incluindo os aspectos funcionais. A metalómica se pode considerar unha extensión da análise de especiación centrado no esclarecemento do ‘metaloma’, é dicir, conxunto de biomoléculas enlazadas con metais/metaloides presentes nunha célula, texido ou órgano. Varios elementos son esenciais para o desenvolvemento da vida, mentres que outros exercen un efecto negativo sobre os sistemas biolóxicos sendo tóxicos, mutaxénicos ou carcinoxénicos. A complexidade das mostras reais xunto cos niveis extremadamente baixos de concentración ós que se presentan moitas das especies metálicas de interese constitúen un auténtico desafio, o cal impulsou o desenvolvemento de novas ferramentas analíticas que permitan por unha parte unha separación das distintas especies e por outro a súa identificación e cuantificación. Neste curso se estudiarán os acoplamentos entre técnicas de separación e detectores atómicos e de masas coma ferramientas analíticas máis potentes de que se dispón. As especies químicas inclúen dende as máis simples, tales coma estados redox, organometálicos de baixo peso molecular, complexos con aminoácidos, péptidos, etc. hata as máis complexas coma as metaloproteinas. O estudio das interaccións entre metais e metaloides con macromoléculas é de especial complexidade, non sendo suficiente o emprego de acoplamentos entre técnicas separativas con detectores específicos sensibles (atómicos ou de masas) senón de estratexias ‘multiplex’, que combinan detección atómica e molecular por espectrometría de masas. O curso inclúe en 6 temas, una introducción á especiación elemental e a metalómica, o estudio das técnicas espectrométricas atómicas e de masas inorgánicas (ICP-MS) e os seus acoplamentos con técnicas de separación por cromatografía e electroforesis, a espectrometría de masas con fontes de ionización por electrospray e de desorción por láser asistida por unha matriz (ESI-MS, MALDI-MS), os acoplamentos da vaporización electrotérmica e a ablación por láser con ICP-MS (ETV-ICP-MS y LA-ICP-MS). Inclúese un tema que aborda o fraccionamiento de especies metálicas en mostras sólidas e finalmente un tema onde se trata a metodoloxía de preparación de mostra, problemas de estabilidade das especies, errores e validación en especiación elemental e metalómica.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000