Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Prácticas externas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticum, Practicas externas e clínicas Na avaliación terase en conta a valoración do desempeño do alumno realizada polo titor na empresa e o seguimento realizado polo titor académico. 80
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Ao concluír as prácticas, os alumnos deberán entregar ao seu titor académico unha memoria final para ser avaliada. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 * Esta materia rexerase polo establecido na Normativa de Prácticas Externas do Grao en Química.

* Os titores académicos realizarán a avaliación global das prácticas externas (impreso D8) considerando:

(70%) O informe realizado polo titor da empresa (impreso D5) no que valorará aspectos relacionados coas prácticas realizadas polo alumno: puntualidade, asistencia, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo e integración na empresa, calidade do traballo realizado, etc.

(20%) A memoria explicativa que deben realizar os estudantes á conclusión das práticas na que deberán figurar, entre outros, unha descrición concreta e detallada das tarefas, traballos desenvolvidos e departamentos da entidade aos que estivo asignado, unha relación dos problemas expostos e o procedemento seguido para a súa resolución, o nivel de integración dentro da empresa e as relacións co persoal e unha reflexión sobre a adecuación dos ensinos recibidos durante os estudos de Grao para o desempeño da práctica. A memoria deberá ter unha extensión mínima de 10 e máxima de 20 páxinas de tamaño A4, incluíndo portada, índice e anexos. Recoméndase marxes mínimas de 2 cm, tamaño de letra de 12 puntos, interlineado sinxelo e xustificado de parágrafo. As táboas e figuras se numerarán de forma consecutiva a medida que aparezan no texto e incluirán un breve encabezado describindo o seu contido. A calificación desta memoria farase constar no apartado Observaciones/Suxerencias do impreso D7 de valoración do titor académico.

(10%) A valoración do titor académico (impreso D7) da aptitude e actitude do estudante durante o desenvolvemento das actividades realizadas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000