Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Inmunoquímica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha PROBA FINAL ESCRITA que suporá o 40% da nota final da materia. Nesta proba obrigatoria, os contidos fundamentais da materia (clases maxistrais, prácticas laboratorio e seminarios) serán avaliados a través de PREGUNTAS OBXECTIVAS (tipo test e/ou resposta curta). 40 A3
A4
B2
B4
C49
D1
D3
D5
Práctica de laboratorio As capacidades e destrezas adquiridas durante as prácticas de
laboratorio serán AVALIADAS DE FORMA CONTINUA mediante a
presentación de informes, preguntas tipo test e de resposta curta ou
resolución de problemas. A avaliación das prácticas suporá un 30% da cualificación final.
30 A3
A4
B2
B4
C49
D1
D3
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios O traballo e a participación nos seminarios serán AVALIADOS DE FORMA CONTINUA, así como a capacidade dos alumnos para resolver problemas e exercicios. Esta parte suporá un 30% da cualificación final. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia a todas as actividades presenciais é OBRIGATORIA para APROBAR a materia (salvo as ausencias debidamente xustificadas).

Para superar a materia deberá obterse polo menos un 5 sobre 10 no exame ou proba final escrita. 
De non superarse, a cualificación do alumno será a obtida na proba final escrita.
A non asistencia a proba final escrita será considerado como non presentado.
Nas seguintes convocatorias, o alumno suspenso deberá realizar unicamente a Proba Final, manténdose a cualificación obtida na parte de Avaliación Continua (Prácticas de laboratorio e Seminarios).

ASISTENCIA A PRÁCTICAS E AVALIACIÓN:
Unha asistencia inferior ao 75% das sesións prácticas, aínda sendo xustificada, supón a cualificación de suspenso na materia. Nese caso, os alumnos terían que someterse a un exame único para superar a materia, en forma de proba escrita que constaría de duas partes:
-70% parte teórica .
-30% parte práctica .
Para superar a materia deberá obterse polo menos un 5 sobre 10 no exame único. 
A cualificación final, neste caso, suporá o 70% da cualificación do exame único e o 30% da cualificación dos seminarios.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000