Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Inmunoquímica
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Identificar os compoñentes celulares e moleculares que participan nas respostas inmunitarias. Coñecer a diversidade de receptores do sistema inmunitario. Identificar as interaccións dos receptores do sistema inmunitario cos seus ligandos e comprender a súa complexidade. Coñecer as diferentes metodoloxías de obtención de anticorpos para a súa posterior utilización no laboratorio e/ou terapia. Comprender e manexar os conceptos, terminoloxía e instrumentación científica. Comprender os aspectos teóricos e técnicos dos diferentes ensaios inmunoquímicos. Elaborar un procedemento para levar a cabo unha técnica inmunoquímica no laboratorio. Aplicar coñecementos e tecnoloxía relativos á Inmunoquímica en aspectos relacionados coa produción, análise e diagnóstico de procesos e recursos biolóxicos e/ou químicos. Aplicar o coñecemento da Inmunoquímica para illar, identificar, manexar e analizar especímenes e mostras de orixe biolóxica e/ou química, así como para caracterizar os seus constituíntes. Comunicar de forma escrita e oral unha análise crítica dun traballo científico en relación á aplicación de técnicas inmunoquímicas en diferentes campos. A3
A4
B2
B4
C49
D1
D3
D5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000