Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química terapéutica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a participación e resolución de todas as tarefas propostas polo profesorado para as clases de seminario. 25 A3
A4
B3
B4
C43
D3
Prácticas de laboratorio É obrigatoria a asistencia as clases prácticas. Realizarase traballo de laboratorio e se é posible unha visita a unha industria farmacéutica.
O traballo de laboratorio será avaliado con APTO ou NON APTO. Para a avaliación terase en conta o cumprimento das normas de seguridade relacionadas coa manipulación de substancias químicas e a eliminación de residuos, a planificación e o
desenvolvemento dos experimentos propostos, a análise dos resultados e a calidade do caderno de laboratorio. A avaliación realizarase mediante a observación sistemática do traballo do
alumnado.
A calificación das prácticas de laboratorio obterase a partir da resolución das tarefas e traballos propostos polo profesorado en relación cos experimentos realizados e a visita á industria.
Para aprobar a materia é imprescindible obter a calificación de APTO no traballo de laboratorio.
15 A3
B4
C43
D3
Exame de preguntas obxectivas Relizarase unha proba curta, sobre a semana 8, nela entrará o contido do temario explicado ata ese momento. 20 A3
A4
B3
B4
C43
Exame de preguntas de desenvolvemento Rematado o temario, e na data de peche da avaliación, realizarase unha proba global para avaliar as competencias adquiridas.
40 A3
A4
B3
B4
C43
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A participación do alumnado en algún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de presentado e polo tanto a asignación dunha calificación.

Considéranse actos de avaliación, a presentación dalgún traballo en seminarios, a asistencia as prácticas de laboratorio (2 ou máis sesións), así como a realización dalgunha das probas escritas.

Para poder aprobar a materia na convocatoria de xuño (puntuación igual ou superior a 5) o alumnado debe ter unha nota

mínima en algún dos apartados no que se desglosa a avaliación. Esta nota debe ser de 4 sobre 10 na proba global, na valoración dos seminarios e na valoración das prácticas de laboratorio.

Si non se superan os mínimos esixidos a cualificación final obtida será a nota ponderada da parte non superada (seminarios, prácticas, proba global) de maior puntuación.

Avaliación da convocatoria de xullo

1. Manterase a puntuación obtida polo alumnado durante o curso en seminarios e prácticas (máximo 40%).

2. Realizarase unha proba escrita sobre todo os contidos teóricos da materia, que suporá un 60% da cualificación final.

Para poder superar a materia (puntuación global igual ou maior de 5) nesta convocatoria o alumnado debe ter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba escrita global.

Alumnado de posteriores matrículas

o alumnado que fose avaliado previamente con APTO no traballo de laboratorio conservarao e non terá que facer de novo os experimentos. Con todo, para conseguir a cualificación correspondente a esta parte da materia (15%), terá que facer as tarefas ou traballos que propoña o profesorado en relación coas prácticas de laboratorio.

Opción de avaliación non continua

o alumnado que non desexe optar a avaliación continua deberá solicitalo a persoa coordinadora da materia. A solicitude debe efectuala nas tres primeiras semanas do curso. Para superar a materia deberá realizar o traballo de laboratorio, obter a calificación de APTO, e realizar unha proba global, na se avaliarán todos os contaidos da materia, tamén os correspondestes as prácticas de laboratorio, e obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000