Educational guide 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Despois de cada tema discutiranse os aspectos máis relevantes mediante resolución de cuestións e problemas 10 A3
C45
D1
D2
D3
Traballo tutelado Valorarase a solución presentada xunto con estrutura de contidos, calidade da redacción, fontes consultadas, formato. 10 A3
C45
D1
D2
D3
Presentación Realizarase unha presentación oral do traballo tutelado para a súa discusión co alumnado da materia. Terase en conta a presentación oral así como as respostas aos docentes e outros alumnos. 10 A3
C45
D1
D2
D3
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán diversas prácticas de laboratorio e saídas de estudos. Ao finalizar as diversas prácticas e nas datas indicadas polos profesores deberán entregar os informes de prácticas e realizar un cuestionario sobre as saídas de estudo. 10 A3
C45
D1
D2
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Unha proba global para a avaliación das competencias adquiridas na materia, que se realizará tras a impartición da mesma. 25 A3
C45
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Realizarase un exame escrito con preguntas que deberán ser contestadas con brevidade. Avaliarase a capacidade de síntese á hora de relacionar conceptos, dun modo sinxelo e comprensible. 25 A3
C45
D3
Exame oral Realizarase un exame oral individual das prácticas de laboratorio realizadas na materia 10 A3
C45
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACION:

A participación do estudante nalgún dos sistemas de avaliación da materia (resolución de problemas, traballo tutelado, presentación e prácticas) implicará a condición de presentado e a súa cualificación nas actas. Requírese unha asistencia mínima do 90% ás prácticas da materia para ter dereito á avaliación das mesmas. En caso contrario a nota deste apartado será 0,0 e terá que realizar un exame das mesmas no exame final.

A avaliación mediante probas escritas (50%) repartirase en varias probas ao longo do curso. En caso de non superalas recuperaranse no exame final da materia.

Un/a alumno/a que non renuncie oficialmente á avaliación contínua, estará suspenso/a se non alcanza unha NOTA MÍNIMA de 4,0 ptos (sobre 10) en cada unha das partes do EXAME FINAL. De superar a nota mínima do EXAME FINAL, dito/a alumno/a aprobará a materia se a CUALIFICACIÓN FINAL é ≥ 5,0, é dicir, si a suma das cualificacións obtidas nos distintos sistemas de avaliación da materia é ≥ 5,0.

Segunda convocatoria:

Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos criterios. Con respecto ao exame de xullo manterase a cualificación dos diferentes sistemas de avaliación (resolución de problemas, traballo tutelado, presentación e prácticas), polo que os alumnos só realizarán o EXAME FINAL.

ALUMNOS LIBERADOS DA AVALIACIÓN CONTINUA:

Cando a Facultade libere a un alumno do proceso de avaliación continua, a súa cualificación será a suma do 90% da nota obtida no EXAME FINAL e do 10% da nota de prácticas de laboratorio.

COMPROMISO ÉTICO:

Espérase que o alumno mostre un comportamento ético adecuado. En caso de detectarse un comportamento eticamente reprobable (por exemplo: copia, plaxio, utilización de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000