Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química industrial
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Química industrial Código V11G201V01408
Titulación
Grao en Química
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría química
Coordinador/a
Rosales Villanueva, Emilio
Correo-e emiliorv@uvigo.es
Profesorado
Fernández Sanromán, Antía
Rosales Villanueva, Emilio
Web
Descrición xeral A industria química representa un dos sectores máis puxantes nas economías de moitos países, servindo de base para producir unha gran variedade de produtos que inclúen desde materiais de uso xeneralizado, ata materiais de alto contido tecnolóxico e de vangarda para outras industrias. Os avances recentes coa obtención de novos produtos conxuntamente coas novas tecnoloxías para remediar danos ambientais e incrementar a produtividade xorden a partir de innovacións e a mellora continua desenvolvida en cada unha das etapas dos procesos químicos. Nesta materia preténdese proporcionar ao alumno unha visión global da Química Industrial, abarcando desde a elaboración e comprensión de diagramas de fluxo de procesos químicos de gran relevancia económico-social ata os principios de calidade que os rexen. Materia do programa English Friendly: Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000