Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Síntese estereoselectiva de compostos bioactivos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio A avaliación das clases de prácticas de xeito continuo, con cuestións do profesorado sobre o contido e desenvolvemento, así como e a Memoria das mesmas, suporá un 15% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10.0 para superar a materia. 15 A4
A5
B4
C42
D1
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada estudante terá á súa disposición as titorías cos profesores da materia para resolver de forma
individualizada as dúbidas que poidan xurdir ao longo do curso en cualquera dos seus aspectos:
clases de teoría, clases de seminario ou resolución de problemas e/ou actividades autónomas. O obxectivo de ditas titorías é o de contribuir a que os estudantes
poidan afianzar os seus coñecementos e enfrentarse en millores condicións as distintas
actividades de avaliación propostas (probas escritas, resolución de exercicios).

Entregables:

O alumnado realizará traballos relacionados co contido da materia. Estes traballos deberán axustarse aos parámetros especificados polo profesorado, e presentaranse de forma escrita a través da plataforma habilitada ou a través dunha exposición oral e formarán parte da avaliación continua (20%).
40 A4
A5
B4
C42
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Unha proba sobre os contidos dos primeiros temas, que suporá o 15% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 2.5 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia.
15 A4
A5
B4
C42
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Unha proba sobre TODOS OS CONTIDOS DA MATERIA, que suporá un 30% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia.

30 A4
A5
B4
C42
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Prácticas de laboratorio:



A asistencia ás clases prácticas de laboratorio é
obrigatoria.



O traballo de laboratorio será avaliado como se indicóu con anterioridade. Neste apartado incluiranse os seguintes aspectos: traballo previo
e/ou posterior, desenvolvemento do traballo experimental e caderno de
laboratorio. A avaliación do desenvolvemento do traballo experimental
realizarase utilizando a ferramenta de observación sistemática.

Para que o alumnado supere a materia deberá obter a cualificación de APTO
no traballo de prácticas de laboratorio.

No caso de que non se superen os mínimos esixidos nalghuna das probas
anteriores, a cualificación final obtida na materia será a cualificación ponderada da proba de avaliación global.

Mínimos esixibles:

A
identificación de erros conceptuais graves, conlevará unha asignación de
actividades específicas orientadas a adquirir ditas competencias. Estas actividades
serán evaluadas como parte do 20% correspondente aos entregables.



















AVALIACIÓN EN XULLO: manterase a cualificación obtida
polo alumnado durante o curso en resolución de problemas, prácticas de
laboratorio e traballos. Realizarase unha proba sobre todos os contidos
teóricos da materia que suporá un 45% da cualificación final e unha proba escrita
da parte





















experimental que suporá un 15% da cualificación final.
Será necesario alcanzar nestas probas un mínimo de 4 puntos sobre 10 para
superar a materia e para ter en conta o resto dos elementos de avaliación.



















ALUMNADO DE 2ª E POSTERIORES MATRÍCULAS: Ao
estudantado que fose avaliado con APTO/A no traballo de laboratorio no curso
anterior outorgaráselle mención de APTO/A no seguimento do traballo de
laboratorio no curso académico actual, non sendo necesaria a realización dos
experimentos novamente. Con todo, deberán realizar os entregables e a proba
escrita da parte experimental para conseguir a cualificación correspondente á
parte experimental da materia no curso académico actual.

CONDICIÓN DE PRESENTADO/A: A participación do/a
estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de
presentado/a e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Considéranse actos
de avaliación a asistencia a clases prácticas de laboratorio, a entrega de
traballos e exercicios encargados polo profesorado, ou a realización de algunha
proba.

OPCIÓN DE
AVALIACIÓN NON CONTINUA: (provisional). A UVigo está a elaborar unha normativa ao respecto) o
alumnado que desexe non optar á avaliación continua deberá solicitalo durante
as tres primeiras semanas de curso á persoa coordinadora da materia.Para superar a materia deberá realizar as Prácticas de Laboratorio,
acadar cualificación APTO/A no
traballo desenvolvido no laboratorio e cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 na proba escrita da parte
experimental. Ademais deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 nunha proba na
que se avaliarán todos os contidos da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000