Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química organometálica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Ademais de resolver exercicios prácticos que permitan aos alumnos asentar os coñecementos sobre os temas desenvolvidos nas clases de teoría, e de resolver todas as dúbidas expostas, as clases de seminario, utilizaranse para levar a cabo a avaliación continua dos alumnos.
Este proceso de avaliación continua realizarase a través da resolución de exercicios dentro e fose da aula relacionados cos contidos da materia así como a resolución de cuestións curtas propostas polo profesor. A nota global de todos os exercicios deberá superar o 3 sobre 10 para ser tida en conta na nota final.
20 A3
B1
B3
B4
C38
C39
Prácticas de laboratorio A asistencia ás clases prácticas presenciais é obrigatoria. A avaliación nas prácticas de laboratorio constará dunha parte baseada no comportamento e destreza por observación directa do/a profesor/a así como do traballo previo e posterior ao traballo experimental. Necesítase un 5 sobre 10 para superar a materia. Aqueles alumnos que teñan as prácticas aprobadas no curso anterior poderán solicitar non repetilas no curso actual mantendo a cualificación obtida. 15 A3
B1
B3
B4
C38
C39
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Unha proba curta sobre os contidos dos primeiros temas. Esixirase unha nota mínima de 3.5 puntos sobre 10 para ser considerada. 25 B1
B3
B4
C38
C39
Exame de preguntas de desenvolvemento Unha proba final na que se fará unha avaliación global da materia e valerá o 40% da nota final. Requírese un 4 sobre 10 para superar a materia. 40 B1
B3
B4
C38
C39
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Condicións para superar a materia

- Superar as prácticas de laboratorio cunha cualificación igual ou superior ao 5 sobre 10.

- Unha cualificación de 5 sobre 10 no conxunto do resto de metodoloxías/probas en avaliación continua ou exclusivamente no exame de segunda convocatoria en avaliación non continua.

Desenvolvemento da avaliación continua

- As competencias específicas da materia relacionadas coas competencias da titulación avaliaranse de forma explícita en exercicios entregables e probas escritas. As competencias básicas, xerais e transversais serán avaliadas de forma implícita na cualificación dos exercicios.

- Para telos en conta na cualificación final, será necesario unha puntuación superior ou igual á detallada na descrición de cada proba.

-Os alumnos que non superen a materia ao final do cuadrimestre deberán facer unha proba escrita no período de peche de avaliación definitivo no mes de xullo. Devandita proba terá un valor do 40% da nota e substituirá os resultados da proba do final de cuadrimestre. As cualificacións do resto de actividades non son recuperables.

 

Avaliación non continua

A elección da modalidade de avaliación non continua supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose das actividades da modalidade de avaliación continua que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

No caso de elexir a modalidade de avaliación non continua ou non conseguir o mínimo de puntuación requirido para avaliación continua , o/a estudante poderá presentarse a unha proba ao final do cuadrimestre onde deberá resolver cuestións relacionadas con todas as competencias específicas da materia excepto as prácticas. Esta proba será diferente en extensión á realizada por aqueles que opten por avaliación continua e a cualificación obtida será a final da materia sen ter en conta a cualificación delas prácticas. Para superar a materia será necesario un 5 sobre 10.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000