Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química física IV: Estrutura molecular y espectroscopia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Voluntaria. Valorarase a resolución por parte do alumno dos exercicios propostos e a súa presentación nas clases de seminario. Realizaranse tamén exercicios tipo test.
O peso na puntuación sitúase entre os límites 0-10%.
10 A1
A5
B1
B2
B4
C2
C4
C14
C15
D1
Prácticas de laboratorio Obrigatorias. Puntúanse pola valoración do seu desenvolvemento (5%) así como pola dos correspondentes informes de prácticas (15%), un por cada práctica realizada. Estes han de confeccionarse de forma individual, conter táboas, gráficas e os cálculos necesarios para a obtención dos resultados, así como unha análise dos mesmos. Deben entregarse no prazo que se estableza, a través da plataforma Moovi. 20 A1
A5
B1
B2
B4
C2
C4
C14
C15
D1
Exame de preguntas obxectivas No que se refire ás probas escritas, a materia divídese en dous partes (I e II) ás que corresponde un peso relativo do 50%.
Consistirán na resolución de cuestións e problemas.

Primeira Proba Curta (Parte I).
Voluntaria. Recuperable no Exame. Terá lugar na metade do período de clases aproximadamente. Será liberatoria da materia avaliada, soamente se se alcánza ou supera a puntuación de 5 puntos sobre 10.
De ser a puntuación inferior a 5 pero igual ou superior a 3.75, representará o 50% da nota da parte I, correspondendo o resto, á parte I do Exame, si iso conduce a unha cualificación máis alta; de non ser así prevalece a desta última.
O seu peso na nota global depende do resultado doutros apartados e sitúase entre os límites: 0-40%.
35 A1
A5
B1
B2
B4
C2
C14
C15
D1
Exame de preguntas obxectivas Segunda Proba Curta/Exame

Segunda Proba Curta (Parte II).
Voluntaria. Recuperable no Exame. Non é liberatoria; a cualificación ten utilidade para realizar media coa parte II do Exame, non de forma independente.
Terá lugar preto do final do período de clases. Suporá, en principio, un 25% da cualificación da parte II, pero de non conducir a unha media superior, prevalecerá a nota da parte II do Exame.
O seu peso na nota global depende do resultado doutros apartados e sitúase entre os límites: 0-10%.

Exame.
Obrigatorio. Realizarase a final do cuadrimestre, tras o período de clases (Maio o Xuño). Os estudantes que non superen a Primeira Proba Curta (non obteñan unha puntuación >=5) deberán realizar todos os exercicios propostos. Aqueles que a superaron poderán realizar tamén, de forma voluntaria, os exercicios correspondentes á parte I para mellorar a súa cualificación.
O seu peso na nota global depende do resultado doutros apartados e sitúase entre os límites: 26.25%-80%.

A cualificación combinada das probas escritas (non se inclúen os tests mencionados no primeiro apartado) ha de ser polo menos, 3.75 sobre 10 para que poida superarse a materia.
Non pode superarse si non se realizan tanto as Prácticas de Laboratorio como o Exame.
Véxanse tamén puntos segundo e terceiro do seguinte apartado

A avaliación de segunda oportunidade descríbese no primeiro punto do seguinte apartado.
35 A1
A5
B1
B2
B4
C2
C14
C15
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Na evaluación de segunda oportunidade (finais de Xuño ou principios de Xullo) os estudantes deberán realizar o correspondente Exame, de non ser así mantendrán a calificación da primeira oportunidade. A calificación global na segunda oportunidade non será inferior á da primeira. As Prácticas de Laboratorio teñen un peso do 20%. Poderán tenerse en conta as puntuacións correspondentes ao apartado de Resolución de Problemas, á segunda Proba Curta e tamén a da Primeira Proba Curta (no último caso soamente si é >=3.75), nas proporcións establecidas anteriormente, si iso dá lugar a unha calificación combinada más alta. De non ser así, a puntuación do Exame, calculada con todos os exercicios, prevalece e representa o 80% da cualificación global.
  • A calificación combinada das probas escritas ha de ser polo menos 3.75 sobre 10 para que poida facerse media cos outros apartados da evaluación. A puntuación media global ha de ser de 5 puntos sobre 10 ou superior para superar a materia. Tanto as Prácticas como o Exame son obrigatorios.
  • A realización de duas ou máis tests, ou a presentación dun ou mais exercicios en clase de seminario (apartado de Resolución de Exercicios), realización de práctica, ou de calquera das probas curtas, fai imposible que a calificación sexa 'non presentado'.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000