Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química orgánica III: Reaccións concertadas, radicalarias e fotoquímicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Flipped Learning O alumnado debe participar nas actividades realizadas na aula e interactuar cos contenidos planificados na plataforma de teledocencia. Avaliarase o resultado dos tests e outras actividades de comprobación integradas en cada lección na plataforma. 10 A3
A4
B3
B4
C18
C19
D3
Resolución de problemas Os alumnos deben resolver cuestións, problemas e exercicios, participando de forma activa nas sesións presenciais e completándoas con traballo autónomo.
Realizaranse unha serie de entregas que serán avaliadas.
Valorarase a adecuación das solucións propostas, a calidade da argumentación utilizada e a presentación da mesma.
15 A3
A4
B3
B4
C18
C19
D3
Prácticas de laboratorio Avaliarase a adquisición das competencias asociadas ó manexo seguro de substancias químicas, á avaliación de riscos no laboratorio, á planificación e execución de experimentos (no laboratorio e computacionais) e á análise de resultados.
Para iso, empregaranse a observación sistemática do traballo do alumno, o traballo previo ás sesións de laboratorio e a calidade do caderno de laboratorio. O traballo de laboratorio será cualificado como APTO ou NON APTO.
A asistencia ás clases prácticas presenciais e a obtención dunha cualificación de APTO é obrigatoria para superar a materia.
Un 10% da cualificación final está asociada á entrega dun traballo asociado ás prácticas.
10
Traballo tutelado Realizaranse ó longo do curso pequenos traballos en distintos formatos sobre os contidos da materia. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse tres probas que consistirán na resolución de problemas e exercicios:
1. Unha proba sobre os primeiros temas da materia (2 horas) que suporá o 15% da cualificación final.
2. Unha proba final sobre todo o temario (2 horas) que suporá o 30% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10 nesta proba para superar a materia.
3. Unha proba escrita (0.5 horas) relacionada coa parte experimental da materia, que suporá un 10% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10 nesta proba para superar a materia.
55 A3
A4
B3
B4
C18
C19
C27
C28
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense unha serie de resultados de aprendizaxe esenciais que o estudantado debe demostrar ter adquirido de forma completa para superar a materia.

En caso de dúbida sobre a adquisición dos resultados de aprendizaxe do alumnado, pódese establecer a realización de probas orais adicionais ou complementarias ás probas escritas programadas.

CONDICIÓN DE PRESENTADO/A: A participación do/a estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de presentado/a e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Considéranse actos de avaliación a asistencia a clases prácticas de laboratorio, a entrega de traballos e exercicios encargados polo profesorado, ou a realización dalgunha proba.


ALUMNADO
DE 2ª E POSTERIORES MATRÍCULAS: Ó/á estudante avaliado
como APTO/A no traballo de laboratorio en cursos anteriores que así o solicite, outorgaráselle mención de APTO/A no seguimento do traballo de
laboratorio, non sendo necesaria a súa asistencia ás sesións prácticas neste curso. Con todo, deberán realizar
os entregables e a proba escrita da parte experimental para conseguir
a cualificación correspondente á parte experimental da materia (20%) no
curso académico actual.

AVALIACIÓN DA SEGUNDA CONVOCATORIA: Manterase a cualificación obtida polo alumnado durante o curso na parte de resolución de problemas, flipped learning, traballos tutelados e prácticas de laboratorio. Realizarase unha proba sobre todos os contidos teóricos da materia, que suporá un 45% da cualificación final e unha proba escrita sobre a parte experimental que suporá un 10% da calificación final. Será necesario obter un mínimo de 4.0 puntos sobre 10 en cada unha destas probas para superar a materia e ter en conta o resto de elementos da avaliación.

OPCIÓN DE AVALIACIÓN NON CONTINUA: O alumnado que non desexe optar á avaliación continua deberá realizar as prácticas de laboratorio e obter una cualificación de APTO nas mesmas, ademais de obter unha cualificación superior a 5.0 puntos sobre 10 na proba escrita relativa á parte experimental da materia (un 20% da calificación). Aparte disto, deberá obter como mínimo unha cualificación de 5.0 puntos sobre 10 nunha única proba na que se avaliarán todos os contidos da materia (un 80% da calificación).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000