Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química física III: Química cuántica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Durante as clases de problemas poderá exporse, avisando con polo menos un día de antelación, a resolución independente e por escrito dun dos problemas que se propuxeron nese tema. Así mesmo valorarase (só de maneira positiva) a resolución voluntaria dun problema polo alumno ante os seus compañeiros (no *encerado). 10 A1
A5
B2
C1
C4
C14
D1
Prácticas de laboratorio A observación sistemática do traballo realizado, a resposta ás preguntas dos profesores, así como, no seu caso, a elaboración da memoria dunhas prácticas, serán valoradas. A realización satisfactoria das prácticas é requisito imprescindible para aprobar a materia. En caso de non superar esta parte da materia a cualificación global non poderá exceder 4,0 sobre 10 puntos. 10 A1
A5
B1
B2
B4
C1
C4
C14
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Durante o curso realizaranse os seguintes exames:
a) Unha proba parcial que incluirá, probablemente, os temas 1, 2 e 3.
40 A1
A5
B1
B2
B4
C1
C14
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento b) Un examen final, con duas oportunidades, nas datas que fixe a Facultade: decembro/xaneiro na primeira e xuño/xullo na segunda.
Este exame incluirá na primeira oportunidade os temas 4, 5, 6 e 7, agás para os alumnos que optasen pola avaliación global. Na segunda oportunidade este examen comprenderá toda a materia do curso.
40 A1
A5
B1
B2
B4
C1
C4
C14
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Norma 1: Para supera-la materia é indispensable ter realizado satisfactoriamente as prácticas. Iso require: a) ter asistido a todas as sesións de prácticas ou presentar un certificado que a xuizo dos profesores acredite causa xustificada para faltar a un máximo de 2 sesións; e b) acadar unha puntuación de 4,0 a xuicio do profesor encargado. Se no se cumplen ambos requisitos a calificación global no poderá exceder 4,0 puntos.

Norma 2: Cada examen (sexa parcial ou final) incluirá cuestións teóricas e problemas numéricos. Para supera-lo exame, ademáis dunha calificación global de 5,0 puntos, será necesario obter unha puntuación mínima de 4,0 puntos sobre 10 nas cuestións teóricas e de 3,0 puntos sobre 10 nos problemas numéricos. En caso contrario a calificación global do examen nunca poderá ser superior a 4,0 puntos.

Norma 3. Os estudiantes que, cumplindo a "norma 2", acaden unha puntuación igual ou superior a 4,2 sobre 10 puntos na proba parcial poderán presentarse ó exame final (en calquera das súas oportunidades) contenstando únicamente os exercicios e cuestións relacionadas cos temas non incluidos no examen parcial. Esta opción deberá ser indicada ó profesor ó comenza-lo exame final. Ó aplicar esta opción a calificación global dos exámenes obterase promediando ambos exámenes con igual peso.

Norma 4. En caso de verificarse as normas anteriores, a calificación global da materia será a máis alta de: a) a obtida no exame (ou conxunto de exámes utilizando as norma 3); e b) a resultante de aplicar la siguiente ponderación: resolución de exercicios 10%, prácticas de laboratorio 10%, conxunto de exames 80%.

Norma 5. En futuras convocatorias os estudantes que superaran as prácticas poderán solicitar un certificado coa calificación obtida nese curso. Este podwrá servirlles para solicitar a futuros profesores responsables a convalidación das prácticas. Acceder a esa convalidación dependerá, obviamente, da norma que sigan futuros profesores e non queda garantida.

Norma 6. Non se certificará a aprobación dun parcial coa materia suspensa. Non se contempla manter aprobadas partes da asignatura entre cursos académicos diferentes.

Norma 7. Durante o proceso de calificación, o profesorado da asignatura poderá requerir que, en entrevista persoal, o estudiante despexe cualquera dúbida que afecte a correcta calificación de calquera dos seus exames. Este procedimiento aplicarase para casos de ilexibilidade, presunción de copia, e outros problemas nos que o profesorado considere que poden solventarse deste xeito.

Norma 8. A detección polo profesorado da asignatura, o por un vixilante do exame, de calquera tipo de copia supondrá a expulsión do exame e a calificación de cero, que será aplicada nesa oprtunidade e nas seguintes dese curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000