Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Enxeñaría química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe colaborativa Resolución de exercicios en grupos pequenos 5 B4
C3
C23
D1
Resolución de problemas de forma autónoma Os alumnos deberán entregar, nos prazos indicados, os problemas e actividades propostos de cada tema. 10 B4
C3
D1
Estudo de casos Proporase un problema global que abarque a maior parte dos contidos da materia 15 A1
C3
C23
D1
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba longa de toda a materia da materia. 40 A1
B4
C3
C23
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse dúas probas curtas, unha dos temas 1 e 2 e outra dos temas 3 e 4. 30 A1
B4
C3
C23
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Realizaranse dúas probas escritas curtas ao longo do cuadrimestre que non eliminan materia. Na data fixada polo centro avaliarase a totalidade da materia e é necesario alcanzar un mínimo de 3 sobre 10 puntos para ter en conta os demais elementos de avaliación. En caso de non alcanzar a nota mínima, será a nota da proba final a que conste como cualificación da materia.


As distintas actividades realizadas na aula e de maneira autónoma polo alumnado supoñen no seu conxunto o 30% da nota final. Para superar a materia é imprescindible ter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 puntos nestes apartados (aprendizaxe colaborativo, resolución de problemas de forma autónoma, estudo de casos). 

A participación do estudante nalgunha das probas de avaliación, a entrega do 20% ou máis dos traballos encargados polo profesor, implica a condición de presentado/a e a asignación dunha cualificación.

Segunda oportunidade. Realizarase unha proba longa de toda a materia que suporá o 70% da nota. Manteranse as notas correspondentes ás actividades realizadas na aula e de maneira autónoma obtidas, polo alumnado, ao longo do curso
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000