Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química orgánica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a participación e a resolución de tarefas individuais propostas polo profesorado nas sesións maxistrais. 10 A1
A5
B5
C17
C18
D1
Resolución de problemas Valorarase a participación e a resolución das tarefas individuais propostas polo profesorado. 15 A1
A5
B5
C17
C18
D1
D3
Prácticas de laboratorio A asistencia ás clases prácticas de laboratorio é obrigatoria.
O traballo de laboratorio será avaliado como APTO/A ou NON APTO/A. Neste apartado incluiranse os seguintes aspectos: traballo previo e/ou posterior, desenvolvemento do traballo experimental e caderno de laboratorio.
Para que o alumnado supere a materia deberá obter a cualificación de APTO/A no traballo de prácticas de laboratorio.
0 B5
C17
C18
C26
C28
D1
Presentación O alumnado realizará unha presentación en grupo formal. Será unha actividade de aplicación dos coñecementos/habilidades desenvolvidos na materia. 10 A1
A5
C17
C18
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Unha proba sobre os contidos dos primeiros temas, que suporá o 15% da cualificación final.
15 A1
A5
B5
C17
C18
D1
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Unha proba sobre TODOS OS CONTIDOS DA MATERIA, que suporá un 25% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia.
25 A1
A5
B5
C17
C18
D1
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Unha proba escrita relacionada coa parte experimental da materia, que suporá un 15% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia.
15 B5
C17
C18
C26
C28
D1
Traballo O alumnado realizará un traballo relacionado co contido experimental da materia. Este traballo deberá axustarse aos parámetros especificados polo profesorado. 10 B5
C17
C26
C28
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta materia, definiranse resultados de aprendizaxe BÁSICOS que acadalos será necesario para superala.

En caso de dúbida acerca da adquisición de resultados de aprendizaxe por parte do alumnado, poderanse realizar probas orais adicionais de avaliación.

Para superar a materia en xuño será necesario:

  • Acadar mención de APTO/A na avaliación das prácticas de laboratorio.
  • Acadar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 na proba global 
  • Acadar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 na proba escrita da parte experimental.

Se non se cumpre algunha das condicións anteriores, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada das probas. Acadar unha puntuación mínima de 5.0 na suma ponderada de todos os apartados. A cualificación final do estudantado que supere a materia poderá ser normalizada de xeito que a cualificación máis alta poda acadar un valor de ata 10 puntos.

ALUMNADO DE 2ª E POSTERIORES MATRÍCULAS: Ao estudantado que fose avaliado con APTO/A no traballo de laboratorio nalgún curso anterior outorgaráselle mención de APTO/A no seguimento do traballo de laboratorio no curso académico actual, non sendo necesaria a realización dos experimentos novamente. Con todo, deberán realizar o traballo (10%) e a proba escrita da parte experimental (15%) para conseguir a cualificación correspondente á parte experimental da materia no curso académico actual.

AVALIACIÓN EN XULLO: Manterase a cualificación obtida polo alumnado durante o curso en lección maxistral/resolución de problemas, prácticas de laboratorio e traballos/presentacións. Poderase realizar unha proba sobre todos os contidos teóricos da materia que suporá un 40% da cualificación final e/ou unha proba escrita da parte experimental que suporá un 15% da cualificación final. 

Será necesario alcanzar nesta probas un mínimo de 4 puntos sobre 10 para superar a materia e para ter en conta o resto dos elementos de avaliación.

A cualificación final será a suma ponderada de todos os apartados, sempre que se superen os mínimos esixidos. De non ser o caso, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada das probas.

OPCIÓN DE AVALIACIÓN GLOBAL: Para superar a materia o alumnado deberá realizar as prácticas de laboratorio, acadar cualificación APTO/A no traballo desenvolvido no laboratorio e cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 na proba escrita da parte experimental (20% da cualificación final). Ademais deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 nunha proba na que se avaliarán todos os contidos da materia (80% da cualificación final).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000