Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química orgánica II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesorado exporá, de forma estruturada, aqueles aspectos xerais da materia, dedicando especial atención aos de maior relevancia do programa e de maior dificultade de asimilación polo alumnado. O profesorado facilitará, a través da aula virtual, o material necesario para a realización do traballo persoal do alumnado. Na sesión de clase realizaranse actividades que poden dar lugar a entregables cualificables.
Resolución de problemas Nesta actividade discutiranse aqueles aspectos de maior complexidade da materia, e resolveranse exercicios e problemas previamente elaborados e propostos polo profesorado relacionados cos contidos. O alumnado realizará algunhas actividades de xeito individual que serán cualificadas.
Prácticas de laboratorio Realizaranse experimentos de laboratorio, de modo individual, en sesións presenciais de 3,5 horas. O alumnado disporá, a través da aula virtual, do material necesario para a preparación previa dos experimentos. O traballo con este material, previo á sesión de clase de laboratorio, poderá incluír a realización e entrega de tarefas. Durante a realización das prácticas, o alumnado elaborará un caderno de laboratorio no que se deberán anotar todas as observacións relativas ao experimento realizado. Despois da realización da práctica, o alumnado deberá completar o traballo que se indique en cada caso.
Presentación O alumnado, agrupado en equipos, deberá facer unha presentación sobre un tema asignado polo profesorado. Esta actividade será cualificada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000