Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química orgánica II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
A prioridade é manter as metodoloxías tal e como están planificadas.
- Metodoloxías docentes non presenciais:
En caso de necesidade tanto as Leccións maxistrais como as clases de Resolución de Problemas e as Prácticas de laboratorio, realizaranse por medios virtuais. A actividade docente impartirase mediante Campus remoto, facendo uso ademais da plataforma de teledocencia Faitic, sen prexuízo doutras medidas que se poderán adoptar para garantir o acceso do alumnado aos contidos docentes.
- Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):
As sesións de titorización realizaranse por medios telemáticos (correo electrónico, campus remoto, vídeoconferencia,....), preferentemente con cita previa.
- Modificacións (se proceden) dos contidos para impartir:
Non está previsto que se fagan modificacións nos contidos para impartir.
- Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe:
En caso de necesidade facilitarase material específico.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As probas de avaliación e entrega de exercicios levarán a cabo de modo virtual a través de diferentes plataformas, con monitoraxe visual e de audio do alumnado. Nestas probas incluiranse as adaptacións necesarias (limitación do tempo de resposta, controis antiplagio...) para asegurar a equidade e o correcto desenvolvemento das probas. En caso
de exporse impedimentos técnicos ou persoais que dificulten o control fiable destas probas, ofertaranse alternativas de carácter oral con gravación, a fin de deixar constancia documental das mesmas. A gravación poderá estenderse, en caso de ser necesario, ás sesións de revisión de exame.
A ponderación das distintas ferramentas de avaliación será a mesma que a establecida para a avaliación presencial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000