Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química inorgánica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Cada estudante resolverá exercicios de formulación, cuestións e/ou problemas similares aos recollidos nos boletíns. Tamén levaranse a cabo entregas destes exercicios e/ou das cuestións plantexadas nos diferentes estudos de casos prácticos debatidos tanto nas clases de problemas como nas sesións maxistrales.
A puntuación deste apartado só se considerará si nas probas escritas alcánzase unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
20 A2
A3
B3
B4
C8
C9
D2
Prácticas de laboratorio Nas sesións de laboratorio levarase a cabo un seguimento do traballo experimental realizado polo alumnado (actitude e destrezas adquiridas).
É importante indicar que é OBRIGATORIA a asistencia a todas as sesións de laboratorio. A falta de asistencia, aínda sendo xustificada, penalizará a nota (en caso de ausencias xustificadas recoméndase recuperar a práctica noutro grupo). Si o número de ausencias é superior ao 25 % das sesións de laboratorio, suporá suspender a materia. Se no se acada unha cualificación igual o superior a 5 neste apartado tamén suporá suspender a materia.
A avaliación nas prácticas de laboratorio terá en conta a entrega e doada resposta das cuestións previas, a doada elaboración do caderno de laboratorio, o comportamento e as destrezas acadadas polo alumnado, en cada unha das sesións prácticas. Ademáis se lle poderá pedir ao alumnado a realización de cuestións sou unha proba relacionadas coas prácticas realizadas que deberán entregar nese momento e que servirán para a súa avaliación.
As persoas que realizasen e aprobasen as prácticas no curso anterior (2022-2023) quedan exentas de volvelas a facer se así o desexan. Conservase a nota.
A puntuación deste apartado só se considerará si nas probas escritas alcánzase unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
15 A2
A3
B3
B4
C8
C26
Traballo tutelado O alumnado fará unha busca bibliográfica, sobre algún dos temas tratados na materia.
Pode ser individual o en grupos de no máis de tres persoas.
Ademais deberá facer o curso: "Busca e xestión da información para un traballo
académico" que terán a súa disposición na plataforma Moovi.
O alumnado que acade a cualificación de apto recibirá un certificado emitido pola Biblioteca.
La nota de este curso xunto coa do traballo constituirá a puntuación deste apartado.
Esta puntuación será considerada en la nota final da asignatura se nos exames de preguntas de desenvolvemento acadase unha nota igual o superior a 5 sobre 10.
10 A2
A3
B3
B4
C8
C9
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade realizarase unha proba escrita sobre a materia impartida nos temas do 1 ao 3.
É necesario acadar unha nota igual o superior a 5 sobre 10 para superar a asignatura.
18 A2
A3
B1
B3
B4
C8
C9
Exame de preguntas de desenvolvemento Na data oficial fixada no calendario de exames da Facultade realizarase unha proba escrita sobre a materia impartida nos temas do 4 ao 11.
É necesario acadar unha nota igual o superior a 5 sobre 10 para superar a asignatura.
37 A2
A3
B1
B3
B4
C8
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade (Maio-Xuño)

Avalición continua: 

No caso de non acadar a cualificación mínima
esixida nalgunha proba para superar a materia, a cualificación final reflectirá
o máis fielmente posible a cualificación real obtida ao longo do curso.

Enténdese que un/unha estudante se presentou
á avaliación da materia e, por tanto, consignaráselle unha cualificación, nos
seguintes supostos: 

1. Se se presenta a algún exame de preguntas
de desenvolvemento.

2. Se se participa en probas ou actividades
de avaliación continua máis alá dos prazos establecidos polo centro para a
solicitude de modalidade de avaliación global. 

É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 para
superar a materia.

Avaliación global:

O alumnado que teña concedido polo decanato a
avaliación global terá un exame de preguntas de desenvolvemento (75%) que se
realizará na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación
dentro do período de probas oficiais marcado no calendario académico de cada
curso, ao que sumarase a nota obtida nas prácticas (15%) e no traballo tutelado (10%).

É preciso unha nota mínima de 5 sobre 10 no examen global e as prácticas para
superar a materia.

Avaliación do alumnado do Ciclo integrado do
Programa de Maiores:

- Asistencia obrigatoria ao 80% das
clases teóricas e seminarios.

- Realización dos problemas, exercicios ou
test autoavaliables.

- Realización dun traballo sobre algún tema
relacionado coa asignatura.

Segunda Oprtunidade (Xullo): Síguense os mesmos criterios que na primeira
convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000