Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química inorgánica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Nas sesións de seminario se lles poderá pedir ás/ós estudantes a resolución de cuestións sinxelas que deberán entregar nese momento e que servirán para a súa evaluación. A puntuación soamente será considerada se na proba longa se acada unha calificación igual ou superior a 3 puntos sobre 10. 15 A1
A3
B1
B3
B4
C8
D2
Prácticas de laboratorio A avaliación nas prácticas de laboratorio constará de 10% respeito a cuaderno de laboratorio e 5% ao comportamento, destreza por observación directa do/a profesor/a. Tamén se lles poderá pedir ás/ós estudantes a resolución de cuestións sinxelas que deberán entregar nese momento e que servirán para a súa evaluación 15 A1
A3
B1
B3
B4
C8
Lección maxistral Nas sesións maxistrais se lles poderá pedir ás/ós estudantes a resolución
de cuestións sinxelas que deberán entregar nese momento e que
servirán para a súa evaluación. A puntuación soamente será considerada se na proba longa se acada unha calificación igual ou
superior a 3 puntos sobre 10.
5 A3
B4
C8
Exame de preguntas obxectivas Haberá unha proba corta antes da mitade do cuadrimestres onde se avaliarán as competencias relacionadas cos primeiros temas. A data e hora de realización é público e consta na programación académica aprobada na Xunta de Facultade correspondente. 25 B4
C8
Exame de preguntas obxectivas Haberá unha proba final no que se fará unha avaliación globar da materia. A data e horat de realización é público e consta na programación académica aprobada na Xunta de Facultade correspondente. 40 B4
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Condicións para optar a avaliación continua:
- O estudante ten que obrigatoriamente asistir a todas as clases teóricas, seminarios e prácticas de laboratorio (ver plan de continxencia)
- O profesor/a debe dispor en tempo e forma dun mínimo do 80% dos entregables propostos nas distintas actividades presencias (exercicios en clases teóricas e seminarios ou exercicios de traballo autónomo) ao final do curso. É tamén obrigatorio que o/a estudante se presente a todas as probas escritas planificadas para superar a materia.
- O incumprimento de calquera de destas condicións implica a perdida de dereito a avaliación continua.

Desenrolo da avaliación continua:
- As competencias específicas da materia relacionadas coas competencias da titulación (CE7, CE8 e CE26) se avaliarán de forma explícita en exercicios na aula e probas escritas. As competencias básicas, xerais e transversais serán avaliadas de forma implícita na cualificación dos exercicios.
- Será necesario unha puntuación superior ou igual ó 30% do valor total en cada unha das probas escritas (curtas e final) e na suma total das cualificacións dos entregables así como dun 50% das prácticas de laboratorio para que na cualificación final se teña en conta o resto dos elementos de avaliación (entregables e probas curtas). No caso de non acadar algún dos mínimos, na acta figurará o resultado ponderado das probas e exercicios cualificados nos que se acadou o criterio.
- Os alumnos que non superen a materia ó final do cuadrimestre deberán facer unha proba escrita no período de peche de avaliación definitivo no mes de xullo. Dita proba terá un valor do 30% da nota e substituirá os resultados da proba do final de cuadrimestre. A cualificación dos entregables (das actividades presenciais) e probas curtas non son recuperables.
- A cualificación final das/dos estudantes, de ser superior a 7 puntos sobre 10, poderá ser normalizada de forma que a cualificación máis alta poda ser ata 10 puntos.

No caso de non acadar as condicións para avaliación continua, o/a estudante poderá presentarse a unha proba ó final do cuadrimestre onde deberá resolver cuestións relacionadas con todas as competencias específicas da materia (incluída a CE26). En cada pregunta ou cuestión, se identificará a competencia que se está a avaliar. Esta proba será diferente en extensión á realizada por aqueles que opten por avaliación continua. Nese caso:
1.- Será necesario obter un mínimo de 3 ptos sobre 10 de media na avaliación das competencias CE7 e CE8 e de 5 na competencia CE26 para superar a materia.
2.- Será necesario obter unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10 nesa proba para superar a materia e, en ningún caso terase en conta as cualificacións anteriores obtida durante o cuadrimestre.
3.- A cualificación non será afectada pola normalización aplicada de ser superior a 7 puntos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000