Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química inorgánica II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia incidindo nos aspectos máis relevantes e naqueles que resulten de máis difícil comprensión para o alumnado. As clases se desenvolveranse de forma interactiva co alumnadp, comentando o material on-line (dispoñible en Moovi e internet) así como a bibliografía máis doada para a preparación, en profundidade, de cada tema. Resolveranse as dúbidas que vaia tendo o alumnado.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral.
Prácticas de laboratorio Realización baixo a supervisión do profesorado pero de maneira autónoma, de prácticas de laboratorio en sesións de 3,5 horas cada unha. O alumnado disporá, a través da aula virtual, do material necesario para a preparación previa dos experimentos. O traballo con dito material, previo a sesión de clase de laboratorio, poderá incluír a realización e entrega de tarefas. Durante o desenrolo das prácticas, cada estudante elaborará un caderno de laboratorio, onde anotará toda la información relativa ao experimento realizado (reaccións, observacións, resultados, etc.). Despois da realización da práctica, o alumnado deberá completar o traballo indicado en cada caso.
Poderá quedar exento de realizar as prácticas de laboratorio aquel alumnado que as fixese e aprobase no curso académico 2022-23, si así o desexa. Neste caso, manterase, na parte de laboratorio, a cualificación acadada no seu día.
Traballo tutelado O alumnado, de maneira individual o en un grupo
que non supere 3 persoas, elaborará un traballo de busca bibliográfica sobre unha temática relacionada con algunha parte da materia.
Para súa elaboración o alumnado fará un curso "Busca e xestión da información para un traballo académico" especialmente elaborado por o persoal da Biblioteca e dispoñible na plataforma Moovi. A nota deste traballo xunto coa nota do curso será a nota final deste apartado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000