Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Determinación estrutural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Nas clases presenciais (maxistrais, seminarios) pediráselles aos alumnos entregables coa resolución de problemas e/ou exercicios que servirán para a avaliación dos alumnos. Resultados de aprendeizaxe: (1). Describir os conceptos fundamentais dos métodos de determinación estrutural. (2). Analizar a información que, sobre a estrutura molecular proporcionan os distintos métodos e discernir as limitacións básicas que teñen. (3). Predicir as características básicas dun determinado espectro para unha substancia determinada. 20 A3
D1
Exame de preguntas obxectivas Haberá unha proba escrita ao longo do período lectivo de 2 h. de duración que incluirá os Temas 1-4.

40 A3
A4
D1
Exame de preguntas obxectivas Haberá unha segunda proba escrita enfocada na espectrometría de masas e espectroscopías de IR e RMN aplicadas á determinación estrutural dos compostos orgánicos 40 A3
A4
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia o estudante debe:

- Conseguir un 5 (sobre 10) de nota media das actividades de avaliación

- Conseguir unha nota minima de 4 en cada unha das probas de exame de preguntas obxectivas.

No caso de non conseguir algunha destas dúas condicións en acta figurará o resultado ponderado das probas de exame.

Un alumno que realice mais do 20% do traballo total planificado será cualificado de acordo coa lexislación vixente e, por tanto, non poderá figurar na Acta a mención de NON PRESENTADO. En calquera caso, a realización dunha das probas curtas, suporá a calificación da materia.

Os alumnos que non superen a materia ao final do cuadrimestre *deberÃ*n facer unha proba global escrita no periodo de peche de avaliación definitivo no mes de xullo. Dita proba *sustituirà aos resultados das probas escritas. A calificación das probas de seminario, entregables (das actividades presenciais) e o traballo/proxecto, etc., non son recuperables.

Para os alumnos que renuncien á avaliación continua e opten por unha avaliación global, a primeira das probas curtas computará por un 40% da nota final, e a segunda o 60% restante. Os alumnos que non superen unha ou as dúas probas curtas que se realizan durante o cuadrimestre, deberán presentarse á parte correspondente na convocatoria de Xullo.

Co fin de garantir unha avaliación de calidade e individualizada, calquera competencia *certificable nesta materia é susceptible de ser verificada mediante unha proba oral, en calquera momento antes do peche definitivo das actas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000