Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Determinación estrutural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Nas clases presenciais (maxistrais, seminarios) pediráselles aos alumnos entregables coa resolución de problemas e/ou exercicios que servirán para a avaliación dos alumnos. Resultados de aprendeizaxe: (1). Describir os conceptos fundamentais dos métodos de determinación estrutural. (2). Analizar a información que, sobre a estrutura molecular proporcionan os distintos métodos e discernir as limitacións básicas que teñen. (3). Predicir as características básicas dun determinado espectro para unha substancia determinada. 30 A3
D1
Exame de preguntas obxectivas Haberá unha proba curta ao longo do periodo lectivo de 2 horas de duración nas que se pedirá a obtención de información estrutural a partires de datos experimentais (espectros, etc, 20% da nota final)
Ademais, farase un exame final que abarcará todos os temas e a sua calificación será o 50% da nota da materia.
70 A3
A4
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia o estudante debe:

  • Acadar un 5 (sobre 10) de nota media das actividades de evaluación
  • Acadar unha nota mínima de 4 en cada unha das probas escritas

No caso de non acadar algún dos mínimos, en acta figurará o resultado ponderado das probas curtas.

Un alumno que realice mais do 20% do traballo total planificado será cualificado de acordo coa lexislación vixente e, polo tanto, non poderá figurar na acta a mención NON PRESENTADO. En calquera caso, a realización dunha das probas curtas, suporá a cualificación da materia.

Os alumnos que non superen a materia ao final do cuadrimestre deberán facer unha proba global escrita no período de peche de avaliación definitivo no mes de xullo. Dita proba substituirá aos resultados das probas escritas. A cualificación dos entregables (das actividades presenciais) e o traballo/proxecto non son recuperables.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000