Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química orgánica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Flipped Learning Valorarase a participación e a resolución por parte do alumnado de todas as tarefas propostas polo profesorado en relación coas sesións de clase invertida. 15 A2
A5
B1
C17
Resolución de problemas Como parte da avaliación continua, valorarase a participación e a resolución das tarefas individuais propostas polo profesorado nas clases de resolución de problemas. Que rematarán na elaboración dun portafolio e a súa avaliación. 20 A2
A5
B1
C17
D3
Prácticas de laboratorio A asistencia ás clases prácticas de laboratorio é obrigatoria.
O traballo de laboratorio será avaliado como APTO/A ou NON APTO/A. Neste apartado incluiranse os seguintes aspectos: traballo previo e/ou posterior, desenvolvemento do traballo experimental e caderno de laboratorio.
Para que o alumnado supere a materia deberá obter a cualificación de APTO/A no traballo de prácticas de laboratorio.
0 B2
C25
D3
Traballo O alumnado realizará traballos en grupo formal. Serán actividades de aplicación global dos coñecementos, habilidades etc. desenvolvidos na materia. Estes traballos formarán parte da avaliación continua. 20 A2
A5
B1
B2
B3
C17
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase unha proba sobre os contidos dos primeiros temas, que suporá o 15% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 3.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia. 15 A2
A5
B2
B3
C17
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao finalizar o cuadrimestre, realizarase unha proba sobre TODOS OS CONTIDOS DA MATERIA, que suporá un 25% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia. 25 A2
A5
B2
B3
C17
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase unha proba escrita relacionada coa parte experimental da materia, que suporá un 15% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia. 15 A2
A5
B2
B3
C17
C25
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta materia, definiranse resultados de aprendizaxe BÁSICOS que será necesario acadar para superala.

En caso de dúbida acerca da adquisición de resultados de aprendizaxe por parte do alumnado, poderanse realizar probas orais adicionais de avaliación.

Para superar a materia en xaneiro será necesario:

  • Acadar mención de APTO/A na avaliación das prácticas de laboratorio.
  • Acadar unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 10 na proba 1.
  • Acadar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 na proba global e na proba escrita da parte experimental.

Se non se cumpre algunha das condicións anteriores, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada das probas.

  • Acadar unha puntuación mínima de 5.0 na suma ponderada de todos os apartados.

A cualificación final do estudantado que supere a materia poderá ser normalizada de xeito que a cualificación máis alta poda acadar un valor de ata 10 puntos.

ALUMNADO DE 2ª E POSTERIORES MATRÍCULAS: Ao estudantado que fose avaliado con APTO/A no traballo de laboratorio nalgún curso anterior outorgaráselle mención de APTO/A no seguimento do traballo de laboratorio no curso académico actual, non sendo necesaria a realización dos experimentos novamente. Con todo, deberá realizar a proba escrita da parte experimental para conseguir a cualificación correspondente á parte experimental da materia no curso académico actual.

AVALIACIÓN EN XULLO: Manterase a cualificación obtida polo alumnado durante o curso en aula invertida, resolución de problemas, prácticas de laboratorio e traballo. Poderase realizar unha proba sobre todos os contidos teóricos da materia, que suporá un 40% da cualificación final (substituirá á proba 1 e á proba global de xaneiro), e/ou unha proba escrita da parte experimental, que suporá un 15% da cualificación final (substituirá á proba escrita da parte experimental de xaneiro). Será necesario alcanzar nestas probas un mínimo de 4 puntos sobre 10 para superar a materia e para ter en conta o resto dos elementos de avaliación.

A cualificación final será a suma ponderada de todos os apartados, sempre que se superen os mínimos esixidos. De non ser o caso, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada das probas.

OPCIÓN DE AVALIACIÓN GLOBAL: Para superar a materia o alumnado deberá realizar as prácticas de laboratorio, acadar cualificación APTO/A no traballo desenvolvido no laboratorio e cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 na proba escrita da parte experimental (20% da cualificación final). Ademais deberá obter cómo mínimo 5 puntos sobre 10 nunha proba na que se avaliarán todos os contidos da materia (80% da cualificación final). 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000