Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química inorgánica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a resolución por parte do alumnado de cuestións tratadas ao longo das clases maxistrais no tempo/condiciones establecido/as polo profesor. 15 B1
B3
B4
Seminario Valorarase a resolución por parte do alumnado de cuestións tratadas ao longo dos seminarios no tempo/condiciones establecido/as polo profesor. 15 A2
A3
B1
B3
B4
C8
C9
C26
Prácticas de laboratorio É obrigatoria a asistencia ás sesións de laboratorio. O profesorado
realizará un seguimento do traballo experimental realizado polo alumnado nas sesións de laboratorio, así como do caderno elaborado.
Realizaranse unha serie de cuestións durante as sesións que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumnado.
20 B1
B3
B4
C26
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento 1º Proba sobre aspectos concretos dos contidos explicados en clase, seminarios e prácticas. Esta proba poderá ser eliminatoria cando o alumnado alcance unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. Esta proba realizarase na data que figure no cronograma do curso. 25 A2
A3
B1
B3
B4
C8
C9
C26
Exame de preguntas de desenvolvemento 2º Proba sobre aspectos concretos dos contidos explicados en clase, seminarios e prácticas. Esta proba poderá ser eliminatoria cando o alumnado alcance unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. Esta proba realizarase na data que figure no cronograma como exame final. 25 A2
A3
B1
B3
B4
C8
C9
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A participación do alumnado en calquera dos actos de avaliación da materia implicará a condición de presentado/a e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Considéranse actos de avaliación a asistencia a clases prácticas de laboratorio (tres ou máis) e a realización de probas. 

Para aprobar a materia, o alumnado debe ter realizado as prácticas da materia e realizar as 2 probas de preguntas de desenvolvemento. Nestes será imprescindible acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, para poder contabilizar as notas adquiridas no seguimento de seminarios, clases teóricas e nas prácticas realizadas. Unha vez tidas en conta todas as puntuacións, o alumnado deberá acadar unha nota global de polo menos 5 sobre 10 para superar a materia. 

Convocatoria de xullo. O alumnado que non supere a materia ao final do cuadrimestre deberá realizar unha proba de avaliación durante a sesión de xullo. Esta proba substituirá os resultados das probas cualificativas realizadas ao longo do cuadrimestre e terá un valor de ata o 50%. Mantense a cualificación de seguimento dos seminarios, clases maxistrais e prácticas de laboratorio obtidas ao longo do cuadrimestre. 

O alumnado que renuncie á avaliación continua optará pola avaliación global da materia. Para superar a materia pola avaliación global, o alumnado debe ter realizado as prácticas de laboratorio (20%) e realizar unha proba escrita (80%) de toda a materia sobre aspectos específicos dos contidos explicados na clase, seminarios e prácticas. Ademais, na proba escrita será imprescindible acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, para poder contabilizar a cualificación adquirida nas prácticas de laboratorio. A proba escrita realizarase na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación dentro do período oficial de probas marcado no calendario académico (1º oportunidade (decembro-xaneiro) e 2º oportunidade (xuño-xullo).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000