Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química inorgánica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a resolución por parte do alumnado de cuestións tratadas ao longo das clases maxistrais no tempo/condiciones establecido/as polo profesor. 15 B1
B3
B4
Seminario Valorarase a resolución por parte do alumnado de cuestións tratadas ao longo dos seminarios no tempo/condiciones establecido/as polo profesor. 15 A1
A3
B1
B3
B4
C8
C9
C26
Prácticas de laboratorio É obrigatoria a asistencia ás sesións de laboratorio. O profesorado realizará un seguimento do traballo experimental realizado polo alumnado nas sesións de laboratorio, así como do caderno elaborado. Realizaranse unha serie de cuestións durante as sesións que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumnado. 20 B1
B3
B4
C26
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento 1º Proba sobre aspectos concretos dos contidos explicados en clase, seminarios e prácticas. Esta proba poderá ser eliminatoria cando o alumnado alcance unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. Esta proba realizarase na data que figure no cronograma do curso. 25 A1
A3
B1
B3
B4
C8
C9
C26
Exame de preguntas de desenvolvemento 2º Proba sobre aspectos concretos dos contidos explicados en clase, seminarios e prácticas. Esta proba poderá ser eliminatoria cando o alumnado alcance unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. Esta proba realizarase na data que figure no cronograma como exame final. 25 A1
A3
B1
B3
B4
C8
C9
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A participación do alumnado nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de presentado/a e, por tanto, a asignación dunha cualificación. Considéranse actos de avaliación a asistencia ás clases prácticas de laboratorio (tres ou máis) e a realización de probas.

Para aprobar a materia o alumnado deberá realizar as prácticas da materia e realizar as 2 probas de preguntas de desenvolvemento. Nestas será imprescindible alcanzar unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10, para poder contabilizar as notas adquiridas no seguimento de seminarios, clases teóricas e nas prácticas realizadas. Unha vez tido en conta todas as puntuacións, o alumnado deberá alcanzar unha nota global como mínimo de 5 sobre 10 para superar a materia.


Convocatoria de Xullo. Os alumnos que non superen a materia ao final do cuadrimestre deberán facer unha proba de avaliación no período da convocatoria de xullo. Dita proba substituirá os resultados das probas eliminatorias realizadas ao longo do cuadrimestre e terá un valor de até un 50 %. A cualificación de seguimento de seminarios, clases maxistrais e prácticas de laboratorio obtida á o longo do cuadrimestre mantense.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000