Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química analítica I: Principios de química analítica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a resolución, por parte do alumno, dalgúns dos problemas e/ou exercicios propostos nos boletíns, que deben ser entregados ao profesor. 15 A1
A3
C6
C29
D1
Prácticas de laboratorio O profesor realizará un seguimento do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio, avaliando as destrezas adquiridas e os resultados de cada experimento. É importante indicar que é OBRIGATORIA a asistencia a tódalas sesións de laboratorio. A falta de asistencia penalizará a nota e cando o número de ausencias é superior ao 25 % das sesións de laboratorio, suporá suspender a parte práctica da materia. 15 A1
A3
C6
C26
C29
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento PROBA CURTA: Realizarase unha primeira proba escrita cando se teña impartido a primeira parte do temario, onde se avaliarán as competencias adquiridas ata ese momento. Dita proba non eliminará materia e realizarase na data sinalada na programación académica do curso, aprobada na Xunta da Facultade. 15 A1
A3
C6
C29
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento PROBA FINAL: Ao final do cuadrimestre realizarase unha proba escrita que constará de cuestións teóricas e exercicios numéricos. Para poder promediar ambas partes será necesario alcanzar unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 10 en cada unha delas. Ademais, o alumno deberá alcanzar nesta proba unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder sumar ao resto de elementos da avaliación. Dita proba realizarase na data indicada na programación académica do curso, aprobada na Xunta de Facultade. 40 A1
A3
C6
C29
D1
Práctica de laboratorio Na última sesión de laboratorio, realizarase unha proba de laboratorio que permitirá avaliar todas as competencias e destrezas adquiridas polo alumno durante as sesións de laboratorio. É necesario aprobar esta proba, cunha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10, para superar a parte práctica da materia. 15 A1
A3
C6
C26
C29
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira oportunidade (avaliación continua): Para superar a materia é obrigatorio aprobar individualmente cada unha
das partes: teoría e prácticas de laboratorio. Para iso, é necesario alcanzar unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na
proba final de cuadrimestre e de 5 puntos sobre 10 na proba de laboratorio. A puntuación correspondente á parte
práctica da materia (laboratorio) só se computará na nota final unha vez aprobada a teoría. A participación do alumno en probas escritas e a asistencia a prácticas de laboratorio (duas ou máis) implicará a condición de presentado e, por tanto, a asignación dunha cualificación.

Segunda oportunidade (avaliación continua): Na segunda oportunidade (xullo) o alumno poderá repetir aquelas probas
(teoría e/o laboratorio) que non superase na primeira oportunidade. Conservaranse as puntuacións alcanzadas polo alumno, durante o curso, nas prácticas de laboratorio (15 %). Nesta convocatoria, a proba correspondente á parte teórica da materia suporá o 70 % da cualificación final e a proba de laboratorio un 15 % e teranse en conta as mesmas consideracións establecidas para a primeira oportunidade.

Modalidade de avaliación global (non continua): Os estudantes que desexen acollerse esta modalidade de avaliación deberán
comunicalo, por escrito, ao coordinador da materia durante o primeiro mes desde o inicio do cuadrimestre. Neste caso,
a avaliación constará das seguintes partes: prácticas de laboratorio (30 %) e proba de avaliación global (70 %) e será
necesario alcanzar unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 en cada unha das probas (teoría e laboratorio) para
aprobar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000