Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química analítica I: Principios de química analítica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a resolución, por parte do alumno, dalgúns dos problemas e/ou exercicios propostos nos boletíns, que deben ser entregados ao profesor. 15 A2
A3
B4
C6
C29
D1
Prácticas de laboratorio O profesor realizará un seguimento do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio. É importante indicar que é OBRIGATORIA a asistencia a tódalas sesións de laboratorio. A falta de asistencia, aínda sendo xustificada, penalizará a nota (en caso de ausencias xustificadas recoméndase recuperar a práctica noutro grupo). Se o número de ausencias é superior ao 25 % das sesións de laboratorio, suporá suspender a materia. 15 A2
A3
B4
C6
C26
C29
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase unha primeira proba escrita cando se teña impartido aproximadamente a metade do temario. Dita proba constará de cuestións teóricas e de exercicios numéricos e eliminará materia, en caso de ser aprobada. Os alumnos que non a superen terán que examinarse desta parte da materia na proba final. 30 A2
A3
B4
C6
C29
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase unha segunda proba escrita, correspondente á última parte do temario. Dita proba constará de cuestións teóricas e de exercicios numéricos e farase o día do exame final (incluído no cronograma do curso). Os alumnos que non superen a primeira proba escrita, terán que examinarse de toda a materia. Neste último caso, o exame representará o 60 % da cualificación final. 30 A2
A3
B4
C6
C29
D1
Práctica de laboratorio Na última sesión de laboratorio, realizarase unha proba de laboratorio que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumno durante as sesións de laboratorio. É necesario aprobar esta proba para superar a parte práctica da materia. 10 A2
A3
B4
C6
C26
C29
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria: Para superar a materia é obrigatorio aprobar individualmente cada unha das partes: teoría e prácticas de laboratorio. Para iso, é necesario aprobar as probas escritas propostas e a proba de laboratorio. As probas escritas constarán de cuestións teóricas e de exercicios numéricos, sendo necesario que exista un equilibrio entre as cualificacións de ambas as partes para poder aprobalas.
A puntuación correspondente á parte práctica da materia (laboratorio) só  se computará na nota final unha vez aprobada a teoría. 
A participación do alumno en probas escritas e a asistencia a clases prácticas de laboratorio (duas ou máis) implicará a condición de presentado e, polo tanto, a asignación dunha culificación. 

Convocatoria Extraordinaria: Na convocatoria extraordinaria o alumno poderá repetir aquelas probas (teoría e/ou laboratorio) que non teña superado na convocatoria ordinaria. Conservaránse as puntuacións alcanzadas polo alumno, durante o curso, nas demáis actividades que figuran no apartado de avaliación, excepto os seminarios. Nesta convocatoria, o exame de teoría suporá o 75 % da cualificación final.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000