Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química analítica I: Principios de química analítica
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1: Química Analítica e proceso analítico A química Analítica como ciencia metrólóxica. Clasificación dos métodos de análise. O proceso analítico: etapas.
Tema 2. Avaliación dos resultados analíticos Propiedades analíticas. Erros en Química Analítica: Clasificación. Estatística básica aplicada á expresión dos resultados analíticos. Comparación e rexeitamento de resultados.
Tema 3: Introdución á análise cuantitativa volumétrica e gravimétrica Reaccións volumétricas. Disolucións patrón. Valoracións directas, por retroceso e indirectas. Formación, propiedades e pureza dos
precipitados. Cálculos da análise gravimétrica e volumétrica.
Tema 4: Volumetrías ácido-base Comportamento de especies monopróticas, polipróticas e anfóteras. Curvas de valoración. Detección do punto final: indicadores ácido-base.
Reactivos valorantes. Aplicacións analíticas.
Tema 5: Volumetrías de formación de complexos Estabilidade dos complexos. Reaccións de enmascaramento. Curvas de valoración. Detección do punto final: indicadores metalocrómicos. Aplicacións analíticas.
Tema 6: Volumetrías de precipitación Factores que afectan á solubilidade dos precipitados. Curvas de valoración. Detección do punto final: métodos de Mohr, Volhard e Fajans.
Aplicacións analíticas.
Tema 7: Volumetrías de oxidación-redución Factores que modifican o potencial redox. Curvas de valoración. Detección do punto final: indicadores redox e indicadores específicos.
Aplicacións analíticas.
Análise gravimétrica (Laboratorio) Determinación gravimétrica de níquel con dimetilglioxima. (1 sesión)
Volumetrías acido-base (Laboratorio) Determinación da acidez dunha mostra de vinagre. (1 sesión)

Determinación de ácido acetilsalicílico en analgésicos (1 sesión)
Volumetrías de formación de complexos (Laboratorio) Determinación da dureza dunha mostra de auga. (1 sesión)
Volumetrías de precipitación (Laboratorio) Determinación de cloruros nunha mostra de auga de mar polo método de Mohr. (1 sesión)
Volumetrías de oxidación-redución (Laboratorio) Determinación da riqueza en osíxeno dunha mostra de auga osixenada comercial. (1 sesión)

Determinación de cloro activo nunha mostra de lixivia. (1 sesión)
Resolución dun suposto práctico (Laboratorio) Análise dunha mostra problema de composición descoñecida. (1 sesión)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000