Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química: Química II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento 1.- Á metade de cuadrimestre realizarase unha proba escrita sobre a materia impartida até entón nas sesións maxistrais e os seminarios.
A cualificación desta proba suporá a primeira metade da cualificación correspondente ás probas escritas.
Esta proba eliminará materia na proba final si se alcanza unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.
Mínimo 35 A2
C2
C11
C12
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento 2.- Tras a impartición de toda a materia, realizarase unha proba escrita final nas seguintes condicións:

a) Si se superou a primeira proba escrita, a proba final realizarase sobre a materia impartida desde entón nas sesións maxistrais e seminarios.
A cualificación desta proba suporá a segunda metade da cualificación correspondente ás probas escritas.

b) Si non se superou a primeira proba escrita, a proba final realizarase sobre toda a materia.
A cualificación desta proba suporá a totalidade da cualificación correspondente ás probas escritas.

Para superar a materia, debe alcanzarse na proba final unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.
Mínimo 35 A2
B1
B2
C2
C11
C12
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Para cada tema proporanse problemas que os estudantes deben resolver de forma individual en clases de seminario ou en casa.
A puntuación neste apartado só se considerará si se realizan a metade destas actividades e nas probas escritas alcánzase unha cualificación igual ou superior a 4 puntos sobre 10.
Máximo 15 A2
B1
B2
C1
C2
C11
C12
D1
Exame de preguntas obxectivas Para cada tema proporanse, a través da plataforma MOOVI, probas tipo test autoavaliable que os estudantes deben resolver de forma individual.
A puntuación neste apartado só se considerará si se realizan a metade destas actividades e si nas probas escritas alcánzase unha cualificación igual ou superior a 4 puntos sobre 10.
Máximo 15 A2
B1
B2
C2
C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- As datas de realización das probas escritas (parcial e final) están incluídas no cronograma e/ou calendario de actividades académicas da Facultade de Química.

- A realización dunha proba parcial é a condición mínima para que a materia sexa cualificada en acta.

- Nas sucesivas convocatorias da materia se respetarán as porcentaxes anteriores e se mantendrán as cualificacións obtidas no traballo individual realizado durante o curso (resolución de problemas e probas test), excepto no caso de cambio
de profesor, quen será o que estableza novas normas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000