Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química: Química II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== QUÍMICA II: ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS E A AVALIACIÓN ===

Nun escenario de docencia non presencial ou parcialmente presencial, para a materia Química II manteranse as metodoloxías docentes, os contidos que se impartirán e a avaliación establecida nesta guía docente.

Para iso as sesións maxistrais e de seminario levaránse a acabo mediante unha combinación de sesións interactivas a través de Campus Remoto e vídeos, animacións e recursos multimedia especificamente preparados cos contidos da materia. Esta combinación estará organizará de forma que permita que os estudantes organicen o traballo a realizar de forma autónoma, en previsión de problemas de conectividade ou conciliación familiar.

Doutra banda, a avaliación da materia realizarase empregando as ferramentas dispoñibles na plataforma de teledocencia MOOVI.

Por último, a atención personalizada realizarase mediante medio telemáticos (correo electrónico, videoconferencia en Campus Remoto, foros de MOOVI, ...) tendo que acordarse previamente data e hora para as titorías co profesorado da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000