Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Probas de avaliación continua nas que cada estudante deberá resolver, ben individualmente ou ben en grupo, problemas ou exercicios aplicados. Estas probas poden ser de distinto tipo: presentación dun documento escrito, saída ao encerado, exposición oral, crebacabezas, programa informático, exame parcial,... 20 A2
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final. Proba individual que se realizará ao finalizar o período de clases e que incluirá preguntas teóricas e exercicios. 80 B4
C21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final da materia (NF) obterase aplicando a fórmula:

NF=A+(10-A)E/10

sendo A nota da avaliación continua (máximo 2 puntos) e E a nota do exame final (máximo 10 puntos).


Para superar a materia a nota final debe ser igual ou superior a 5 puntos (NF>=5). O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade e queira facelo na convocatoria de xullo, deberá repetir obrigatoriamente o exame final. A nota obtida durante o curso na avaliación continua (resolución de problemas) manterase para a convocatoria de xullo.

Non se aplicará a cualificación de NON PRESENTADO a ningún estudante que se presente a algún dos dous exames finais.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000