Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Física: Física II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen


* Metodoloxías docentes que se modifican
Modificaranse o tres metodoloxías docentes utilizadas pasándoas de presenciais a non presenciais utilizando fundamentalmente as ferramentas fornecidas pola Universidade como é o Campus Remoto.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Utilizarase fundamentalmente as ferramentas fornecidas pola Universidade como o Despacho Virtual.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modificarán os contidos a impartir.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía básica non necesita ser adaptada.
A bibliografía complementaria non depende da metodoloxía.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000