Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explícanse os principios básicos da cristalización desde un punto de vista xeolóxico e termodinámico.
Introdúcense as técnicas xeoquímicas baseadas na análise isotópico.
Caracterízanse as estruturas dos sólidos cristalinos a partir das ideas de periodicidade e simetría das redes cristalinas.
Introdúcese ao alumno nas técnicas de difracción.
Traballo tutelado Realizarase un traballo por onde se resumirá o traballo ralizado no laboratorio. O traballo adoptase o formato dun artigo científico e daranse unhas guías de estilo e contidos para a súa realización.
Destinarase un seminario a orientar a cada grupo no seu tema de traballo.
Prácticas de laboratorio Dedicaranse ao estudo do proceso de cristalización, analizando tres aspectos:
(1) Cristalización na natureza: Mineralogía de visu.
(2) Analisis ao microscópico petrografico con luz polarizada.
(3) Cristalización no laboratorio a partir de solucións e en xeles de sílice.
Resolución de problemas Empregaranse os seminarios para a resolución de exercicios prácticos achega do proceso de nucleación e crecemento de cristais e para a resolución de cuestións asociadas ao uso da notación cristalográfica para a caraterización estrutural.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000