Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química: Laboratorio de química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias Avaliarase cuestionario realizado en Moovi sobre o material facilitado para cada práctica antes do comezo de cada sesión. 10 A2
C29
D3
Prácticas de laboratorio Avaliarase a realización de experimentos no laboratorio así como a elaboración do caderno de laboratorio. 30 A2
B2
C25
C26
C27
C28
C29
D3
Resolución de problemas Avaliaranse as cuestións que, despois da realización de cada práctica, o alumno deberá realizar en Moovi. 10 A2
C29
D3
Práctica de laboratorio O alumno realizará un exame práctico no laboratorio a metade do cuatrimestre 25 B2
C25
C26
C27
C28
C29
D3
Práctica de laboratorio O alumno realizará un exame práctico no laboratorio ao final do cuatrimestre 25 B2
C25
C26
C27
C28
C29
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será necesaria unha nota mínima de 3,5 sobre 10 en cada un dos exames prácticos, ademáis de en cada un dos outros apartados da avaliación (actividades introductorias, prácticas de laboratorio e resolución de problemas). En caso de non superar este mínimo nalgunha das partes, a nota final será a nota ponderada (50%) dos exames prácticos de laboratorio. 

A asistencia a todas as sesións de laboratorio é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas. 

A participación en probas ou actividades de avaliación continua ou a asistencia a sesións de laboratorio posteriores ao prazo establecido polo centro para a solicitude de modalidade de avaliación global, implica a condición de presentado/a.

Se o estudante renuncia a avaliación continua e opta por unha avaliación global deberá realizar unha proba práctica no laboratorio (cualificación 100%). No modo de avaliación global a asistencia a todas as sesións de laboratorio é igualmente obrigatoria ao tratarse de prácticas de carácter experimental.

Na convocatoria de xuño-xullo realizarase unha proba práctica de laboratorio (cualificación 100%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000