Guia docente 2019_20
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química: Química I
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Química: Química I Código V11G201V01104
Titulacion
Grao en Química
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química inorgánica
Química orgánica
Coordinador/a
García Martínez, Emilia
Correo-e emgarcia@uvigo.es
Profesorado
García Martínez, Emilia
Silva López, Carlos
Teijeira Bautista, Marta
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral A Química é o estudo das propiedades da materia e os cambios que sofre esta. Unha das satisfaccións de aprender química é ver como os principios químicos están presentes en todolos aspectos da nosa vida. Descubrimos medicamentos que melloran nosa saúde e prolongan as nosas vidas. Incrementamos a produción de alimentos a través do desenvolvemento de fertilizantes e pesticidas. De feito, producimos grandes cantidades de sustancias químicas que afectan as nosas vidas de diversas maneiras. Desafortunadamente, algunhas destas sustancias tamén teñen o potencial de danar nosa saúde ou o medio ambiente. Interésanos, como cidadáns e consumidores instruídos e informados, entender os profundos efectos, tanto positivos como negativos, que teñen os produtos químicos nas nosas vidas.
As nosas interaccións co mundo material suscítannos preguntas básicas sobre as sustancias que nos rodean. Cal é a súa composición e as súas propiedades? Como interactúan connosco e a súa contorna? Como, por que e cando cambian? Estas preguntas son importantes tanto si o material do que falamos é un polímero moderno, de alta tecnoloxía, empregado para producir chips de ordenadores , o un antigo pigmento utilizado por un pintor do Renacimiento, ou un material extraterrestre recolectado durante unha misión espacial. A química proporciónanos respostas a estas e moitas outras preguntas.
A química e os produtos químicos son unha parte integral da nosa vida aínda que non sempre as referencias sexan positivas. Un etiquetado anunciando a ausencia de produtos químicos nun alimento, non ten sentido, porque todas os alimentos son, en si mesmos, produtos químicos, incluso os chamados "de cultivos orgánicos ou ecolóxicos". De feito, todos os obxectos materiais, seres vivos ou inanimados, compóñense de sustancias químicas e debemos comezar o noso estudo con esta idea clara.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000