Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada estudante deberá resolver tarefas no prazo de tempo e baixo as condicións estabelecidas polo profesorado.
Estas actividades estarán relacionadas cos tres primeiros temas do programa e terán lugar durante as horas presenciais correspondentes a Lección maxistral ou a Resolución de problemas.
35 A1
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada estudante deberá resolver tarefas no prazo de tempo e baixo as condicións estabelecidas polo profesorado.
Estas actividades estarán relacionadas co último tema do programa e co manexo de programas informáticos. Terán lugar durante as horas presenciais correspondentes a Lección maxistral, Resolución de problemas ou a Prácticas con apoio das TIC.
25 A1
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final. Incluirá preguntas e exercicios aos que as alumnas e os alumnos responderán organizando e presentando os coñecementos que teñen sobre a materia.
Terá lugar na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación.
40 A1
B4
C21
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final da materia (NF) obterase aplicando a fórmula:

NF=A+(10-A)E/10

sendo A a suma das notas obtidas por "Resolución de problemas e/ou exercicios"  (máximo 6 puntos) e E a nota do "Exame de preguntas de desenvolvemento" (máximo 10 puntos).

Para
superar a materia a nota final debe ser igual ou superior a 5 puntos
(NF>=5). O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade,
e desexe facelo na segunda, deberá repetir
obrigatoriamente o "Exame de preguntas de desenvolvemento". A nota obtida durante o curso por "Resolución de problemas e/ou exercicios" manterase para a segunda oportunidade.

Non se aplicará a cualificación de NON PRESENTADO a ningún estudante que se presente a algunha das dúas probas finais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000