Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada estudante deberá resolver unha serie de exercicios ou problemas no prazo de tempo e baixo as condicións establecidas polo profesorado. Os traballos demandados poderán ser de distintos tipos: presentación dun documento escrito, saída ao encerado, exposición oral dalgún tema relacionado coa materia, probas para avaliar a destreza no manexo e aplicación dos recursos informáticos aprendidos durante as prácticas de laboratorio... Estas actividades permitirán avaliar de xeito continuado a aprendizaxe de cada estudante e realizaranse durante o tempo destinado a Resolución de problemas e a Prácticas con apoio das TIC. 20 A2
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final. Proba para a avaliación das competencias adquiridas. Realizarase ao rematar o período lectivo e incluirá preguntas e exercicios aos que as alumnas e os alumnos responderán organizando e presentando, de maneira extensa, os coñecementos que teñen sobre a materia. 80 B4
C21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final da materia (NF) obterase aplicando a fórmula:

NF=A+(10-A)E/10

sendo A nota da avaliación continua (máximo 2 puntos) e E a nota do exame final (máximo 10 puntos).

Para
superar a materia a nota final debe ser igual ou superior a 5 puntos
(NF>=5). O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade
e queira facelo na convocatoria de xullo, deberá repetir
obrigatoriamente o exame final. A nota obtida durante o curso na
avaliación continua (Resolución de problemas) manterase para a
convocatoria de xullo.

Non se aplicará a cualificación de NON PRESENTADO a ningún estudante que se presente a algún dos dous exames finais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000