Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Bioloxía: Bioloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valorarase a resolución por parte do alumnado dunha serie de problemas e/ou exercicios como seguimento académico do alumno. A cualificación final destes exercicios será dun 10% da nota final. 10 A1
B1
B3
C20
D1
Traballo tutelado Avaliarase a estructuración e organización dos contidos, a complexidade do traballo, a exposición oral e as fontes consultadas. Estes traballos serán expostos nas sesións de seminarios ao resto de compañeiros. A cualificación final destes traballos será dun 10% da nota final. 10 A1
B1
B3
C20
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase unha proba a metade de curso (parcial, 30%) e outra proba ao final do curso (final, 50%) sobre a materia explicada nas sesións maxistrais e nos seminarios. Consistirá maioritariamente en preguntas de resposta curta, aínda que podería incluír algunha pregunta de resposta longa. Ditas probas representarán o 80% (30%, 50%) da nota final. 80 A1
B1
B3
C20
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que realice a proba final de avaliación será considerado como presentado.

A nota final da materia virá dada pola media ponderada do tres apartados da avaliación. Desta maneira, para aprobar a materia, devandita media ponderada debe ser igual ou superior a 5.0.

Na segunda convocatoria, a avaliación levará a cabo baixo unha das seguintes dúas metodoloxías (seleccionarase aquela que favoreza ao estudante):

1. Conservarase a puntuación alcanzada polo alumno durante o curso nos traballos tutelados e os seminarios (20% da nota final). Ningún destes apartados é recuperable. Realizarase unha proba análoga á do final do cuadrimestre, a cal equivalerá a un 80% da nota final.

2. Realizarase unha proba análoga á do final do cuadrimestre, a cal equivalerá ao 100% da nota final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000