Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Dependendo do tempo de non presencialidade pode ser necesario que os titores realicen unha adaptación das propostas de TFG.


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías levaranse a cabo de forma totalmente non presencial (virtual) usando o Campus Remoto e Faitic.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Pode ser necesario que as defensas se fagan a distancia empregando o Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000