Guia docente 2017_18
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2017_18
Materia Traballo de Fin de Grao Código V11G200V01991
Titulación
Grao en Química
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
18 OB 4 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Química Física
Coordinador/a
Pérez Juste, Ignacio
Correo-e uviqpipj@uvigo.es
Profesorado
Pérez Juste, Ignacio
Web http://quimica.uvigo.es/traballo-fin-de-grao.html
Descrición xeral De acordo coa memoria do Grao en Química da Universidade de Vigo, o Traballo Fin de Grao é unha materia obrigatoria de 18 créditos ECTS incluida no segundo cuadrimestre do cuarto curso da titulación e constitúe un requisito indispensable para a obtención do título. O obxectivo da materia Traballo Fin de Grao é ofrecer aos estudantes a oportunidade de aplicar de forma integrada os coñecementos, as habilidades e as competencias adquiridas durante os estudos do título de Grao.
O TFG é un traballo orixinal que cada estudante realizará de forma autónoma e individual baixo a supervisión dun ou dous titores. O contido do TFG corresponderá a traballos experimentais e/ou teóricos e/ou de revisión bibliográfica sobre temas relacionados cos contidos do Grao en Química. A fase final do traballo consistirá na elaboración e presentación dunha memoria escrita e a exposición e defensa pública diante dun tribunal dos resultados obtidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000