Guia docente 2018_19
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química de fármacos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nestas clases o profesor/a presentará de forma estruturada os contidos xerais do programa, facendo énfase nos aspectos mais
importantes ou de mais difícil comprensión. Ademais, o profesor/a porá
a disposición do alumnado, con antelación e a través da plataforma Tem@, o material que se utilizará nas devanditas sesións. Recoméndase ao
alumnado que traballe previamente este material e que consulte a bibliografía recomendada para completar a información.
Co fin de realizar un seguimento do proceso de estudo e comprensión da materia,
realizaranse controis periódicos durante algunhas sesións maxistrais, que estarán
determinadas de antemán
Seminario Dedicaranse a discutir os aspectos máis complicados dos temas tratados, a utilizar programas de modelado molecular que permitirán traballar con diversas biomoléculas cocristalizadas con distintos ligandos, e tamén á presentación de traballos, investigacións, resumos etc., realizados polos alumnos/as e relacionados co contido da materia
Saídas de estudo Visitarase unha empresa do sector farmaceútico na que se poderá apreciar o proceso de produción en todas as súas fases.
Tras a visita os alumnos deberán responder, en horario de clase, a un cuestionario relacionado coa mesma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000