Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química de fármacos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se modifican
Lección maxistral: as sesións presenciais serían substituidas por sesións de traballo en remoto, en modalidade síncrona. Para elo empregaranse as ferramentas propias da universidade (aulas virtuais/campus remoto).
Seminarios: as sesions presenciais serían substituidas por sesións de traballo en remoto, en modalidade síncrona. Utilizaranse para elo as ferramentas propias da universidade (aulas e despachos virtuais/campus remoto).
Salida de estudos: a salida de estudos substituirase pola realización dun traballo escrito de revisión bibliográfica sobre a industria farmacéutica no sector da biotecnoloxía.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Os estudantes seguirán contando coas titorías. As sesións de titorías realizaranse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros na aula virtual etc.). Neste caso farase necesaria a concertación previa das mesmas.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas
As probas presenciais substituiranse por probas en remoto, modalidade síncrona, complementaranse, si fose necesario, con presentacións orais. Empregaranse para elo as ferramentas propias da universidade (aulas e despachos virtuais/campus remoto).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000