Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química inorgánica III
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen

Mantéñense todalas metodoloxías que se indican na guía docente excepto a referida as prácticas de laboratorio.

* Metodoloxías docentes que se modifican

No caso de que non se poideran impartir de xeito presencial (total ou parcialmente) as prácticas de laboratorio programadas, éstas substituiranse pola entrega de traballos e/ou exercicios relacionados coas competencias que, según esta guía, corresponden ao resultado de aprendizaxe seguinte: “Levar a cabo no laboratorio a preparación, caracterización e o estudo dalgunhas propiedades físicas e químicas dos metais e dos seus compostos.”


********

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

As titorías terán lugar no despacho virtual dos profesores da asignatura nunha data e hora previamente acordadas entre o profesor e o alumno. A solicitude farase por correo electrónico.

O modo de acceso os despachos virtuais estará dispoñible na plataforma Faitic coa antelación suficiente.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

Non procede

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

Non procede

* Outras modificacións



=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Non se modifica nin o número de probas a realizar nin o peso relativo de cada unha delas. No caso de que as prácticas de laboratorio non se podan realizar de xeito presencial, a avaliación do traballo no laboratorio será sustituído pola avaliación dos traballos e/ou exercicios aos que se fai mención no apartado anterior de “Metodoloxías docentes que se modifican“.



* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000