Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Ademáis de resolver exercicios prácticos que permitan ós alumn@s asentar os coñecementos sobre os temas desenrolados nas clases de teoría, e de resolver todas as dúbidas expostas, as clases de seminario utilizaranse tamén para levar a cabo a avaliación continua dos alumnos.

Este proceso de avaliación contínua realizarase a través da resolución de exercicios e/ou problemas relacionados cos contidos da materia, así como a resolución de cuestións curtas expostas polo profesor/a que os alumn@s deberán entregar para a súa avaliación.

Tamén poderáse levar a cabo mediante a preparación e exposición por parte dos alumnos de temas relacionados coa materia.
40 C5
C8
C19
C20
C23
D1
D3
D4
D5
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao longo do cuadrimestre realizaranse dúas probas curtas para a avaliación das competencias adquiridas na materia.
A primeira delas abarcará os temas 1-5 e suporá o 36% da nota final. A segunda abarcará os temas 6-9 e suporá o 24% da nota final. Para superar a materia é necesario alcanzar un mínimo dun 40% en cada unha das probas curtas.
60 C5
C8
C18
C19
C20
D1
D7
D12
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Observacións:

A participación nalgunha das probas de avaliación previstas implicará a condición de presentado e, polo tanto, a asignación dunha cualificación na acta da materia. Será necesario superar as dúas probas curtas (obter un mínimo do 40% da nota de cada unha) para poder ter en conta os demais elementos de avaliación.


Avaliación de Xullo: Os alumnos que non superen unha ou as dúas probas curtas que se realizan durante o cuadrimestre, deberán presentarse á parte correspondente na convocatoria de Xullo. Esta proba substituira ós resultados obtidos na/s proba/s curta/s realizadas ao longo do cuadrimestre. A nota final poderá ser a máis alta obtida ao comparar a nota do examen final e a nota do examen final poderado coa evaluación continua (sempre e cando no examen final se saque un mínimo do 50% en cada unha das partes correspondentes as probas curtas).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000