Seminario |
Ademáis de resolver exercicios prácticos que permitan ós alumn@s asentar os coñecementos sobre os temas desenrolados nas clases de teoría, e de resolver todas as dúbidas expostas, as clases de seminario utilizaranse tamén para levar a cabo a avaliación continua dos alumnos.
Este proceso de avaliación contínua realizarase a través da resolución de exercicios e/ou problemas relacionados cos contidos da materia, así como a resolución de cuestións curtas expostas polo profesor/a que os alumn@s deberán entregar para a súa avaliación.
Tamén levarase a cabo mediante a preparación e exposición por parte dos alumnos de temas relacionados coa materia. |
40 |
|
|
C5 C8 C19 C20 C23
|
D1 D3 D4 D5 D7 D8 D9 D12 D13 D14 D15
|
Probas de resposta curta |
Ao longo do cuadrimestre realizaranse dúas probas curtas para a avaliación das competencias adquiridas na materia.
A primeira delas abarcará os temas 1-5 e suporá o 36% da nota final. A segunda abarcará os temas 6-9 e suporá o 24% da nota final. Para superar a materia é necesario alcanzar un mínimo dun 40% en cada unha das probas curtas. |
60 |
|
|
C5 C8 C18 C19 C20
|
D1 D7 D12 D13
|
Oservacións: é obrigatoria a asistencia a tódalas actividades previstas que leven avaliación. A participación no 20% das actividades de avaliación dos seminarios ao longo do cuadrimestre, ou nalgunha das probas curtas de avaliación previstas, implicará a condición de presentado e por elo, a calificación na acta da materia. Será necesario superar as dúas probas curtas (obter un mínimo do 40% da nota de cada unha) para poder ter en conta os demais elementos de avaliación.
Avaliación de Xullo: Os alumnos que non superen unha ou as dúas probas curtas que se realizan durante o cuadrimestre, deberán presentarse á parte correspondente na convocatoria de Xullo. Esta proba substituira ós resultados obtidos na/s proba/s curta/s realizadas ao longo do cuadrimestre. Manteranse a nota dos restantes elementos de avaliación do cuadrimestre. |