Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química de materiais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
A docencia teórica como os seminarios impartiránse a través do campus remoto no caso de ser necesario.
As tutorías realizaránse a través do e-mail e campus remoto.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso de non poderse facer as probas curtas ou o examen de Xullo presencialmente, as probas realizadas nos seminarios ao longo do curso pasaran a ter un valor do 70% (peso anterior 40%) e as probas curtas e o examen de Xullo terá un valor do 30% (peso anterior 60%).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000