Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química inorgánica II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

A actividade docente impartirase mediante Campus Remoto e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

- Metodoloxías docentes que se manteñen:

Dependendo da situación, manteríanse os seminarios presenciais, e de non ser posible, manteranse en formato virtual

- Metodoloxías docentes que se modifican

No caso de que non se poda manter a lección maxistral, pasaría a impartirse de modo telamático coa mesma metodoloxía.

- Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

As titorías solicitadas polos estudantes pódense levar a cabo por correo electrónico ou en despachos virtuais.

- Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

Ningún

- Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

Porase a disposición dos estudantes, de ser preciso, manuais construídos ad hoc



=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

A avaliación se manterá igual en períodos normais e en períodos excepcionais. As plataformas de docencia permitan a avaliación tal e como está plantexada.
Dependendo do momento en que se produzan as cirscunstancias excepcionais,
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000