Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química física III
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo aos criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

Mantéñense todas as metodoloxías docentes previstas na guía docente inicial, coa excepción de que, se a docencia non se puidese impartir de forma presencial, esta impartiríase a través das aulas do Campus Remoto da Universidade de Vigo.

Se as prácticas de laboratorio non se puidesen desenvolver de forma presencial, explicaríase o contido teórico das prácticas a través das aulas do Campus Remoto da Universidade de Vigo, e proporcionaríaselle ao alumnado uns datos experimentais, para que con eles poidan cumprimentar o correspondente informe de prácticas de laboratorio.

As titorías poderanse levar a cabo en diferentes modalidades: por correo electrónico ou a través dos despachos de cada profesor no Campus Remoto da Universidade de Vigo previa solicitude a través de un correo electrónico.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

No caso de que as probas curtas e longas non poidan ser levadas a cabo de maneira presencial, a avaliación da materia mantense como se describe na guía docente, con as mesmas porcentaxes de cualificación, pero coa diferenza que as probas curtas e longas levaranse a cabo a través do Campus Remoto podendo ter como apoio o uso da plataforma de teledocencia FaiTIC e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado ás probas.

A avaliación de contidos de laboratorio (20% sobre o total da materia na avaliación continua) quedará cuberta mediante a corrección das memorias entregadas durante o curso.

Para a segunda convocatoria manteranse as cualificacións de avaliación continua obtidas ao longo do curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000