Guia docente 2017_18
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Enxeñaría química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio O profesor realizará un seguimento do traballo experimental desenvolvido polo alumno, así como da memoria de prácticas realizada.As prácticas de laboratorio son obrigatorias. 10 C21
C22
C23
C25
C27
C28
C29
D1
D6
D8
D10
D12
D13
D14
D15
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Os alumnos deberán entregar, nos prazos indicados, os problemas propostos de cada tema. 5 C1
C16
C19
C22
D3
D7
D9
Presentacións/exposicións Os alumnos realizarán unha exposición sobre as prácticas de laboratorio realizadas 5 C16
C20
C23
D4
D5
D7
D8
D14
Traballo tutelado Os alumnos realizarán, e entregarán na data indicada, un traballo individual sobre un tema proposto ao comezo de curso. 5 C1
C16
C20
C23
D1
D3
D14
Probas de resposta curta Realizaranse dúas probas curtas, unha dos temas 1 e 2 e outra dos temas 3 e 4. 20 C1
C16
C19
D1
D6
D7
D9
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase unha proba longa de toda a materia da materia. 55 C1
C16
C19
D1
D6
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Probas curtas e longa. Realizaranse dúas probas escritas curtas ao longo do cuadrimestre que non eliminan materia para o a proba longa. Na proba longa final avaliarase a totalidade da materia e é necesario alcanzar un mínimo de 3 sobre 10 puntos para ter en conta os demais elementos de avaliación. En caso de non alcanzar a nota mínima, será a nota da proba final a que conste como cualificación da materia.
Prácticas de laboratorio. As prácticas de laboratorio (realización das prácticas, informe de prácticas) e a presentación oral das mesmas son obrigatorias e supoñen no seu conxunto o 20% da nota final. Para superar a materia é imprescindible ter unha nota mínima de 5 sobre 10 puntos neste apartado. A non asistencia ao 50% ou máis das sesións de laboratorio supón o suspenso da signatura, independentemente dos resultados obtidos nos demais elementos de avaliación.
A participación do estudante nalgunha das probas de avaliación (probas curtas e proba longa), a asistencia a dúas ou mais sesións de laboratorio ou a entrega do 20% ou máis dos traballos encargados polo profesor, implica a condición de presentado/a e a asignación dunha cualificación.
Convocatoria extraordinaria. Realizarase unha proba longa de toda a materia que suporá o 75% da nota. Manteranse as notas dos apartados de prácticas de laboratorio, exposición, resolución de problemas e traballos tutelados obtidos ao longo do curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000