Guia docente 2017_18
Facultad de Química
Grao en Química
 Materias
  Química analítica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valorarase a resolución, por parte do alumno, dalgúns dos problemas e/ou exercicios propostos nos boletíns, que deben ser entregados ao profesor. 15 C1
C2
C4
C18
C19
C22
D4
D5
D6
D7
D9
D14
Prácticas de laboratorio O profesor realizará un seguimento do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio (competencias e destrezas adquiridas). É importante indicar que é OBRIGATORIA a asistencia a todas as sesións de laboratorio. A falta de asistencia, aínda sendo xustificada, penalizará a nota (no caso de ausencias xustificadas recoméndase recuperar a práctica noutro grupo). Se o número de ausencias é igual ou superior ao 25 % das sesións de laboratorio, suporá suspender a materia.

15 A5
C1
C2
C4
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C25
C26
C27
C28
C29
D6
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D15
D16
Informe de prácticas Durante as sesións de laboratorio, o alumno elaborará un caderno no que reflicta o traballo experimental levado a cabo (reaccións, procedementos, observacións, resultados, etc.). O devandito caderno será avaliado polo profesor. 5 C20
D1
D3
D6
D9
D12
D14
D15
D16
Probas de resposta curta

Realizarase unha primeira proba curta correspondente aos catro primeiros temas do programa. Dita proba eliminará materia, en caso de ser aprobada e suporá un 20 % da cualificación final. Os alumnos que non a superen terán que examinarse desta parte da materia na proba final.
20 A5
C1
C2
C4
C19
C20
C22
D1
D3
D4
D5
D6
D7
D9
D12
D13
D14
D16
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase unha última proba escrita correspondente aos catro últimos temas do programa. Os alumnos que non superasen a proba correspondente aos catro primeiros temas terán que examinarse de toda a materia. Dita proba realizarase o día do exame final. 30 A5
C1
C2
C4
C18
C19
C20
C22
D1
D3
D4
D5
D6
D7
D9
D12
D13
D14
D16
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Ao final das sesións de laboratorio, realizarase unha proba de laboratorio que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumno. É necesario superar esta proba para aprobar a parte práctica da materia. 15 A5
C28
C29
D1
D3
D6
D7
D9
D12
D13
D15
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira Convocatoria: Para superar a materia é obrigatorio aprobar individualmente cada unha das partes: teoría e prácticas de laboratorio. Para iso, é necesario aprobar as probas escritas propostas e a proba de laboratorio. As probas escritas constarán de cuestions teóricas e exercicios numéricos. Para superar esas probas será necesario obter un equilibrio nas cualificacións de ambas partes. A puntuación correspondente á parte práctica da materia (laboratorio) só se computará na nota final unha vez aprobada a teoría.

A participación do alumno nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de presentado e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Para este efecto, considéranse actos de avaliación a asistencia a clases prácticas de laboratorio (dúas ou máis) e a realización de probas escritas.






Segunda Convocatoria: Na convocatoria extraordinaria o alumno poderá repetir aquelas probas (teoría e/ou laboratorio) que non superase na convocatoria ordinaria. Conservaranse as puntuacións alcanzadas polo alumno, durante o curso, nas demais actividades que figuran no apartado de avaliación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000